Servizos sociais de familia, infancia e adolescencia. Galicia

DECRETO 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia.

[sc name=”plataforma” ]

O artigo 39 da Constitución española recolle a obriga dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, lexitima a actuación lexislativa da Comunidade Autónoma no campo da familia, a infancia e a adolescencia no título competencial xenérico de asistencia social (artigo 27.23).

A Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e da adolescencia foi pioneira a nivel estatal en establecer un marco de protección para a familia, pero a constante evolución social e a diversidade e complexidade de determinados núcleos de convivencia non identificados plenamente ata o momento co concepto de familia puxo de manifesto a necesidade de adaptar á realidade social existente os mecanismos de apoio á familia como estrutura básica da sociedade e ámbito natural de desenvolvemento da persoa.

Xorde así a actual Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, que amplía considerablemente tanto o ámbito de aplicación como o nivel de protección xurídica, económica e social da familia e, en especial, daquelas familias cuxa vulnerabilidade demanda unha maior atención por parte dos poderes públicos. Para o seu desenvolvemento, a lei establece no artigo 8 que a Xunta de Galicia elaborará programas, proxectos e servizos orientados, entre outros obxectivos, á protección e integración social dos membros das familias máis vulnerables, a promoción da autonomía familiar e a integración social das familias que presenten dificultades especiais ou estean en risco de exclusión social. Así mesmo, no artigo 41 atribúe á Xunta de Galicia a competencia para autorizar, habilitar, inspeccionar e controlar as entidades, centros e programas que presten servizos de atención á infancia e á adolescencia.

Pola súa banda, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, estrutura e planifica o sistema galego de servizos sociais, define no artigo 18 o catálogo de servizos sociais dun xeito xenérico como o conxunto de intervencións, programas, servizos e prestacións, e habilita a Administración autonómica para o seu desenvolvemento, por instancia do departamento competente en materia de servizos sociais. En consecuencia, como parte do proceso de desenvolvemento do dito catálogo de servizos sociais, é preciso configurar unha Carteira que defina os servizos sociais de familia, infancia e adolescencia centrándose na especialización por colectivos a fin de acadar unha atención máis centrada nas necesidades específicas de cada un deles. Por tanto, esta norma constitúe un desenvolvemento pormenorizado da relación xenérica de intervencións, programas, servizos e prestacións para a atención social da familia, da infancia e da adolescencia que integra o catálogo regulado no artigo 18 da Lei 13/2008.

Así mesmo, o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia recolle as garantías e requisitos que rexerán, a prestación de servizos.

A Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade do mercado, traspón a normativa europea e impulsa un marco regulatorio eficiente para as actividades económicas que simplifique a lexislación existente, eliminando as regulacións innecesarias e establecendo procedementos máis áxiles que, pola súa vez, minimicen as cargas administrativas.

De acordo co anterior, o artigo 68 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, foi interpretado pola Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo que o réxime de autorización fixado no dito artigo 68.1 debe interpretarse de acordo coas previsións da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de forma que a autorización do departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de autorización de servizos sociais para o inicio de actividades, modificación substancial e cesamento de actividades, aí recollida, só será exixible en relación cos servizos sociais que comporten prestacións ligadas á saúde pública. En consecuencia, suprímese, con carácter xeral, a necesidade de autorización administrativa previa para o desenvolvemento dos servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, e substitúese por unha declaración responsable, por tratarse de servizos que precisan cumprir determinados requisitos materiais e de persoal que se xustifican en razóns imperiosas de interese xeral de orde pública e necesaria protección dos dereitos das persoas destinatarias.

Exceptúanse desta norma xeral e mantense o réxime de autorización administrativa para o servizo de atención socioeducativa para nenos e nenas de 0-3 anos, de conformidade coas leis orgánicas reguladoras da materia educativa, e todos aqueles servizos entre cuxas prestacións se inclúa a atención á saúde, en virtude do disposto na lexislación de garantía de unidade de mercado e de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, cómpre obter a oportuna autorización administrativa con carácter previo ao desenvolvemento da actividade por parte das entidades que vaian prestar servizos que supoñen o exercicio privado de funcións públicas relativas ao acollemento residencial de menores en risco ou desamparo ou a aplicación de medidas xudiciais a menores de idade penal.

Por último, consérvase a habilitación administrativa das entidades colaboradoras para interviren en funcións de mediación en adopción internacional, por tratarse dunha exixencia prevista no Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.

Na constante busca da mellora e optimización dos recursos que debe presidir a actuación dos poderes públicos galegos, a Xunta de Galicia considera necesario superar o modelo de atención baseado en programas e equipamentos, e adoptar un modelo baseado nas necesidades das persoas a que se dirixe e nos servizos que se lle deben prestar. A este último modelo responde a presente Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia.

A definición dos distintos servizos en función das necesidades das persoas a que van dirixidos permite un maior nivel de personalización da atención, incrementa a súa adecuación ás necesidades específicas das familias, nenos e nenas e adolescentes e optimiza o emprego dos recursos públicos.

A Carteira de servizos é froito dun proceso en que participaron os principais axentes sociais e profesionais de atención ás familias, nenos e nenas e adolescentes, o que permitiu o coñecemento e estudo en profundidade da actual oferta de servizos e a identificación de novas necesidades.

A Carteira estrutúrase en dúas grandes áreas, unha de servizos xerais, que recolle os destinados a familias, nenos, nenas e adolescentes que non presenten necesidades singulares, e unha de servizos específicos, que recolle os destinados a atender necesidades particulares de persoas ou familias.

De acordo coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, a Carteira recolle para cada servizo, a súa denominación e modalidade de prestación e a tipoloxía, diferenciando se se trata dun servizo de carácter esencial ou normalizador, o ámbito de prestación, a definición e os obxectivos, as persoas beneficiarias, a forma de acceso, as prestacións que incorpora, a posibilidade da participación no sostemento do servizo das persoas beneficiarias ou dos pais, nais ou persoas titoras ou gardadoras destas, e a posibilidade de oferta privada do servizo.

Este decreto estrutúrase en seis artigos, unha disposición derrogatoria, tres derradeiras e un anexo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Social, de acordo co Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de outubro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Constitúe o obxecto da presente norma a definición da Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia.

Artigo 2. Contido da Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia

  1. A Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia constitúe o instrumento mediante o cal se relacionan as modalidades e prestacións que integran o contido dos servizos previstos no catálogo regulado polo artigo 18 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, destinados a posibilitar e fomentar a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral, tanto da familia como grupo como de cada un dos seus membros e, en especial, dos nenos, nenas e adolescentes, ofrecendo alternativas e recursos económicos, socioeducativos e de protección en función dos seus dereitos e da valoración obxectiva das súas necesidades.
  2. As prestacións e modalidades que constitúen o contido dos servizos que forman parte da Carteira son os que se enumeran no anexo.

Artigo 3. Ámbito de aplicación

Este decreto será de aplicación a todas as entidades públicas ou privadas recoñecidas polo órgano competente da Administración xeral da Comunidade Autónoma para a prestación dos servizos sociais á familia, infancia e adolescencia, así como ás persoas beneficiarias.

Artigo 4. Definicións

Para os efectos deste decreto considerarase:

  1. a) Servizo esencial: aquel exixible como dereito e garantido para as persoas que cumpran as condicións establecidas de acordo coa valoración técnica da súa situación, de conformidade co previsto no capítulo II do título I da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
  2. b) Servizo normalizador: aquel que estará incluído na oferta habitual, en función das dispoñibilidades orzamentarias e en réxime de concorrencia.
  3. c) Servizos comunitarios específicos: os dirixidos a colectivos con problemáticas identificadas e singulares que teñen por finalidade a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado, de acordo co previsto no capítulo I do título I da Lei 13/2008, do 3 de decembro.
  4. d) Servizos sociais especializados: os referenciados a un sector de poboación ou a unha necesidade determinada que demandan unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal, de acordo co previsto no capítulo I do título I da Lei 13/2008, do 3 de decembro.
  5. e) Persoas beneficiarias: aquelas en cuxo interese directo se presta o servizo.
  6. f) Prestación de oferta obrigatoria: aquela que a Administración debe ofrecer no marco dun determinado servizo.
  7. g) Prestación de oferta opcional: aquela que a Administración non ten a obriga de ofrecer no marco dun determinado servizo.
  8. h) Prestación de intensidade única: a que se realiza nunha soa ocasión.
  9. i) Prestación á demanda: a que se realiza tantas veces como sexa solicitada pola persoa usuaria.
  10. j) Prestación diaria: a que se realiza todos os días cunha programación horaria predeterminada.
  11. k) Prestación periódica: a que se realiza cunha programación predeterminada maior que diaria.
  12. l) Prestación continua: a que se leva a cabo frecuentemente durante un período de tempo prolongado sen programación predeterminada.

Artigo 5. Estrutura da Carteira

A Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia estrutúrase en dúas áreas: área de servizos xerais e área de servizos específicos.

Forman parte da área de servizos xerais os servizos destinados a familias, nenos e nenas e adolescentes que non presenten necesidades específicas.

Forman parte da área de servizos específicos os destinados a familias ou aos membros que as integren que presenten necesidades específicas tanto pola súa composición como pola súa situación persoal, social e económica.

Inclúense na área de servizos específicos os seguintes:

  1. a) Servizos para familias de especial consideración.
  2. b) Servizos para familias en que se viven situacións de violencia de xénero.
  3. c) Servizos para familias adoptantes.
  4. d) Servizos para persoas menores en risco ou desamparo.
  5. e) Servizos para persoas menores infractoras.

Artigo 6. Réxime de autorización e acreditación de servizos

  1. De conformidade co previsto na lexislación de garantía de unidade de mercado e de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia, por razóns imperiosas de interese xeral de orde pública e necesaria protección dos dereitos das persoas destinatarias, todos os servizos que forman parte da Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia estarán suxeitos ao réxime de declaración responsable.

Exceptúanse do disposto no parágrafo anterior, de acordo co previsto na lexislación de garantía de unidade de mercado e na lexislación de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como na restante lexislación que lle resulta de aplicación, o servizo de atención socioeducativa para nenos e nenas de 0-3 anos, o servizo de acollemento residencial de menores en risco ou desamparo, o servizo de atención residencial de persoas menores infractoras e as entidades colaboradoras de adopción internacional e todos aqueles entre cuxas prestacións se inclúa a atención á saúde.

  1. Aplicarase aos servizos que forman parte da Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia o réxime de rexistro e inspección establecido na normativa reguladora desta materia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango contradigan o disposto no presente decreto.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia

  1. Modifícase o artigo 97.8 do Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia que queda redactado como segue «Que conte con equipos intradisciplinares formados como mínimo por unha persoa licenciada en dereito, un psicólogo ou psicóloga e un traballador ou traballadora social, competentes profesionalmente e con experiencia no ámbito da infancia, adolescencia e familia, así como coñecementos das cuestións relativas á adopción internacional».
  2. Modifícase o artigo 97.11 do Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, que queda redactado como segue «Que actúe a través de establecementos radicados en Galicia e representación no país estranxeiro para o cal solicita a habilitación».
  3. Suprímese a letra b) do artigo 107 do Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro.

Disposición derradeira segunda. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de familia, infancia e adolescencia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación da presente norma e o seu anexo no relativo á organización en materias propias dos seus departamentos.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de outubro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO
Carteira de servizos

  1. Área de servizos xerais para a familia, infancia e adolescencia.

1.1. Servizo de apoio económico a familias con fillos/as menores de 3 anos.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: prestación económica destinada a paliar, na medida do posible, os gastos derivados dos primeiros anos de crianza dun/dunha fillo/a.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data do 1 de xaneiro da anualidade en que se realice a convocatoria da axuda e que cumpran os demais requisitos previstos nela.

– Persoas que teñen fillos/as adoptados/as, acollidos/as durante os tres anos posteriores á data de inscrición da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

  1. V) Forma de acceso: solicitude da/s persoa/s interesada/s.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesional da consellería competente na materia.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.2. Servizo de atención socioeducativa para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos ou servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais de carácter socioeducativo e diúrno, en cumprimento do establecido na normativa vixente, que ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral de nenos e nenas realizando, a un tempo, un labor de apoio á función educativa da familia, á vez que facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

A prestación deste servizo poderase artellar de dúas formas: directa ou financiamento de servizos prestados por terceiros.

  1. IV) Persoas beneficiarias: nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos de idade, agás excepcións establecidas pola normativa vixente.
  2. V) Forma de acceso: solicitude dos/as pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Atención didáctico-educativa: programación e execución de actividades educativas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional:

Persoal de atención: mestre/a educación infantil, técnico/a superior en educación infantil ou equivalente.

Persoal de apoio: outros/as profesionais da área de atención socioeducativa.

– Atención persoal: atención ás necesidades básicas.

– Atención á saúde: supervisión, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional:

– Persoal de atención: mestre/a educación infantil, técnico/a superior en educación infantil ou equivalente.

– Persoal de apoio: outros/as profesionais da área de atención socioeducativa.

– Cociña: elaboración de menús.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: persoal de cociña: cociñeiro/a, axudante de cociña.

– Transporte.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

– Lavandaría.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

– Limpeza e mantemento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.3. Servizo de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

1.3.1. Modalidade de atención asistencial en centro.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas á atención, en centro, de nenos e nenas de 3 meses a 12 anos de idade. A finalidade do servizo é procurar, de xeito flexible, esporádico e coas axeitadas garantías de seguridade e calidade, unha adecuada atención asistencial a nenos e nenas, a un tempo que se facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas que integran o núcleo familiar dos/das nenos/as usuarios/as deste.

O servizo poderá ser prestado en modalidade continuada ou non continuada e diúrna e/ou nocturna.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 12 anos.

– Pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.

  1. V) Forma de acceso: solicitude dos/as pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Atención persoal: atención ás necesidades básicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Atención á saúde: supervisión, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Apoio educativo.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Animación planificada do lecer e do tempo libre.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.3.2. Modalidade atención asistencial no domicilio da persoa coidadora.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais de carácter asistencial que ten por obxecto a atención e coidado de nenos e nenas entre 0 e 3 anos no domicilio das persoas que realizan as funcións de atención e coidado.

A finalidade do servizo é procurar, en pequenos grupos, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade, unha axeitada atención asistencial a nenos e nenas, ao tempo que se facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas que integran o núcleo familiar destes/as.

O servizo poderá ser prestado en modalidade diúrna e/ou nocturna. A modalidade nocturna ten como finalidade atender aquelas necesidades e circunstancias de carácter familiar que poidan xurdir de xeito extraordinario e/ou esporádico.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos de idade.

– Pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.

  1. V) Forma de acceso: solicitude dos/as pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Atención persoal: atención ás necesidades básicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil e/ou experiencia profesional neste ámbito.

– Atención á saúde: supervisión, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil e/ou experiencia profesional neste ámbito.

– Animación planificada do lecer e tempo libre.

  • Oferta:

– Modalidade diúrna: obrigatoria.

– Modalidade nocturna: non aplicable.

  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil e/ou experiencia profesional neste ámbito.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.3.3. Modalidade atención á infancia a domicilio.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais de carácter asistencial que ten por obxecto a atención e coidado de nenos e nenas menores de 12 anos de idade no seu domicilio de residencia.

A finalidade do servizo é atender aquelas necesidades e circunstancias de carácter familiar que, de xeito estrutural ou extraordinario, poidan xurdir e non poidan ser cubertas a través de ningún outro servizo de atención e coidado á infancia.

O servizo poderá ser prestado en modalidade diúrna e/ou nocturna.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Nenos e nenas menores de 12 anos de idade.

– Pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.

  1. V) Forma de acceso: solicitude dos/as pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Atención persoal: atención ás necesidades básicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil e/ou experiencia profesional neste ámbito.

– Atención á saúde: supervisión, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil e/ou experiencia profesional neste ámbito.

– Apoio educativo.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil e/ou experiencia profesional neste ámbito.

– Acompañamento fóra do domicilio.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil e/ou experiencia profesional neste ámbito.

– Acompañamento no lecer.

  • Oferta:

– Modalidade diúrna: obrigatoria.

– Modalidade nocturna: opcional.

  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil e/ou experiencia profesional neste ámbito.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.3.4. Modalidade atención de carácter lúdico á infancia.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais de carácter diúrno que ten por obxecto a atención en equipamentos sociais de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos de idade.

A finalidade do servizo é potenciar o xurdimento dunha actividade lúdica favorecedora do desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial do neno/a, así como posibilitar o acceso ao mundo da actividade lúdica daqueles sectores cun contorno sociocultural menos favorecido, a un tempo que se fomenta a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas responsables da atención e coidado dos nenos e nenas.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos de idade.

– Pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.

  1. V) Forma de acceso: solicitude dos/as pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Atención persoal: atención ás necesidades básicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Atención á saúde: supervisión, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Planificación e intervención lúdico-educativa.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.3.5. Modalidade de comedor.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: servizo prestado en establecemento asistencial e/ou educativo consistente na alimentación, atención e coidado de nenos/as entre os 0 e os 12 anos de idade.

O servizo ten como finalidade apoiar pais/nais, titores/as e gardadores/as, cando concorran circunstancias vinculadas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral que o fagan necesario.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 12 anos de idade.

– Pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.

  1. V) Forma de acceso: solicitude dos/as pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Atención persoal: atención ás necesidades básicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: formación na área de coidado e atención infantil ou experiencia profesional nestas áreas.

– Cociña.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: persoal de cociña (cociñeiro/a, axudante de cociña).

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.4. Servizo de formación e orientación a familias con nenos e nenas ao seu cargo.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais de apoio ás familias, destinadas a dotar os pais e as nais das competencias emocionais, educativas e parentais necesarias para o exercicio dunha parentalidade positiva.

A finalidade do servizo é:

  • Concienciar os pais e as nais da importancia do seu papel como primeiros e fundamentais educadores dos seus fillos e das súas fillas.
  • Formar as familias sobre as etapas evolutivas dos nenos e das nenas, as diferentes maneiras de interacción e as actividades máis axeitadas segundo o seu nivel evolutivo.
  • Orientar as familias na adquisición de pautas de crianza positivas.
  • Proporcionar espazos para que os pais e as nais sexan capaces de compartir e de confrontar a súa práctica educativa con outras familias.
  • Ensinar as familias a descubrir, valorar e aproveitar os recursos existentes no seu propio contorno como elementos educativos.
  • Proporcionar un apoio especializado a pais e nais para desenvolveren adecuadamente as súas responsabilidades familiares.
  1. IV) Persoas beneficiarias: pais, nais, persoas titoras ou gardadoras con nenos e nenas ao seu cargo.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da persoa ou persoas interesadas.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Formación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: periódica.
  • Perfil profesional: profesionais do ámbito da educación infantil e psicosocial.

– Orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais do ámbito da educación infantil e psicosocial.

– Asesoramento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais do ámbito da educación infantil e psicosocial.

– Apoio familiar.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais do ámbito da educación infantil e psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.5. Servizo de educación e apoio familiar.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a familias en situación de risco, con fillos ou fillas menores ao seu cargo.

A finalidade do servizo é:

  • Prestar apoio individual ás familias de acordo cos problemas detectados e coordinarse co sistema educativo, sanitario e social, segundo o caso.
  • Proporcionar ás familias mecanismos de apoio suficientes para o cumprimento das súas responsabilidades relativas á crianza dos seus fillos e fillas.
  • Colaborar coas familias na adquisición de estratexias persoais, emocionais e educativas que lles permitan implicarse dun xeito eficaz na construción dunha dinámica de convivencia familiar positiva.
  • Apoiar e acompañar as familias na resolución de problemas.
  • Orientar as familias para a autorregulación do comportamento dos seus fillos e das súas fillas.
  • Prestar apoio e acompañamento profesional a pais/nais e fillos/as no proceso de recondución de situacións de conflito.
  • Previr as situacións de risco e de intervención dos servizos especializados de menores.
  1. IV) Persoas beneficiarias: familias con fillos e fillas menores ao seu cargo, en situación de risco.
  2. V) Forma de acceso:

– Derivación do persoal técnico competente en materia de servizos sociais.

– Solicitude da persoa ou persoas interesadas.

  1. VI) Prestacións que incorpora:

– Orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Intervención profesional personalizada.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Acompañamento e seguimento nas distintas etapas do ciclo vital.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.

VII) Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

VIII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

  1. IX) Posibilidade de oferta privada: si, agás a intervención profesional personalizada.

1.6. Servizo de atención e dinamización planificada do lecer e do tempo libre infantil e xuvenil.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados ou servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais de carácter lúdico, cultural, deportivo e/ou formativo destinadas a achegar a nenas/os e mozas/os a posibilidade de gozaren, durante os períodos de lecer e tempo libre, dunha programación de actividades de calidade que fomenten o seu enriquecemento persoal e vital, a un tempo que facilitan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas que integran o seu núcleo familiar.

  1. IV) Persoas beneficiarias: nenos e nenas e mozos e mozas.
  2. V) Forma de acceso: solicitude dos/as pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Animación planificada do lecer e o tempo libre.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Atención persoal: atención ás necesidades básicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Atención á saúde: supervisión, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área socioeducativa.

– Aloxamento.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: non aplicable.

– Mantenza.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

– Limpeza e mantemento.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

– Lavandaría.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

– Transporte.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: periódica.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.7. Servizo residencial para o lecer e o tempo libre familiar.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: servizo de carácter material consistente na posta á disposición dun aloxamento residencial destinado a facilitar ás familias o goce dun período de lecer vacacional.

A finalidade do servizo é que as familias poidan gozar dun período de lecer en que se favoreza a súa comunicación e participación social e familiar.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas maiores de idade, ou menores acompañadas dos/as seus/súas proxenitores/as ou persoas titoras ou gardadoras, que teñan a súa residencia en territorio do Estado español ou galegos e galegas residentes no exterior.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da/s persoa/s interesada/s.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Aloxamento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: non aplicable.

– Mantenza.

  • Oferta:

– Residentes: obrigatoria.

– Non residentes: opcional.

  • Intensidade:

– Residentes: diaria.

– Non residentes: á demanda.

  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais e persoal de cociña.

– Limpeza e mantemento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais e persoal de cociña.

– Lavandaría.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais e persoal de cociña.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.8. Servizo de orientación, mediación e intervención familiar.

1.8.1. Modalidade apoio e orientación familiar.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais no apoio e na promoción da calidade de vida das persoas e das familias, e na atención e prevención das diferentes situacións problemáticas ou de risco que, pola súa natureza, poidan estar asociadas a procesos de desintegración familiar.

A finalidade do servizo é o fortalecemento, o enriquecemento e a mellora da calidade de vida das persoas no seo familiar e da familia como grupo.

  1. IV) Persoas beneficiarias: todas aquelas persoas que consideren que na súa familia existe algún conflito de parella entre pais e nais e fillos e fillas ou coa familia extensa.
  2. V) Forma de acceso:

– Derivación por parte do persoal técnico dos departamentos competentes en materia de servizos sociais.

– Solicitude da/s persoa/s interesada/s.

  1. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Información e orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Asesoramento xurídico-legal.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da área xurídica do equipo.

– Mediación e negociación familiar.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Atención psicosocial: apoio e orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial do equipo.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.8.2. Modalidade mediación familiar.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais no ámbito familiar de carácter voluntario dirixido a facilitar a comunicación entre os membros da familia, co fin de que xestionen por si mesmos unha solución para os conflitos que os afecten coa intervención dunha persoa mediadora, que actuará de forma neutral, imparcial e confidencial.

O servizo está destinado ao asesoramento, orientación e procura dun acordo mutuo ou aproximación das posicións das partes en conflito.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas membros de núcleos familiares en conflito que acepten a intervención dunha terceira persoa mediadora que lles ofreza apoio para atopar solucións pactadas.
  2. V) Forma de acceso:

– Derivación por parte da autoridade xudicial.

– Solicitude da/s persoa/s interesada/s.

  1. VI) Prestacións que incorpora:

– Información.

  • Oferta:

– Intraxudicial: obrigatoria.

– Extraxudicial: opcional.

  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Mediación familiar.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.8.3. Modalidade apoio ao encontro familiar.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións de carácter técnico profesional no ámbito familiar destinado a facilitar e preservar a relación entre as persoas menores e as persoas membros das súas familias en situación de crise; procura a seguridade e o benestar dos nenos, nenas e adolescentes, favorece a relación coas familias e facilita o cumprimento do réxime de visitas.

Trátase dun servizo especializado e temporal, prestado en equipamentos sociais de carácter neutral, para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente, que ten por obxecto favorecer as relacións entre as persoas menores e as súas familias cando nunha situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou outros suposto de interrupción da convivencia familiar o exercicio do dereito de visitas se ve interrompido ou o seu cumprimento resulta difícil ou conflitivo.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Membros das familias en que exista algún tipo de problema relacionado co cumprimento do réxime de visitas, así como as persoas integrantes de familias en que existan situacións de violencia que supoñan un risco para calquera dos membros durante o cumprimento do réxime de visitas.

– Persoas que teñan un dereito de visita dunha ou dun menor con domicilio en Galicia, ou ben un dereito de visita que se deba desenvolver en Galicia.

  1. V) Forma de acceso: derivación do órgano da consellería competente na materia.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Entregas e recollidas das persoas menores.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Visitas tuteladas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Visitas supervisadas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Intervención psicoeducativa.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Orientación e apoio familiar.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Negociación e mediación familiar.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

1.9. Servizo de atención telemática de axuda á infancia.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: servizo telemático de atención permanente destinado a achegar a nenos, nenas e adolescentes:

  • A oportunidade de que poidan expresar libremente as súas preocupacións, falar sobre problemas que os/as afecten directamente e avisar alguén que poida proporcionarlles axuda.
  • Axuda a aqueles/as necesitados/as de coidados e protección, a quen se facilitarán servizos e recursos tendentes a satisfacer as súas necesidades.

Este servizo ten por obxectivos:

  • Poñer á disposición da infancia e da adolescencia un recurso en que poidan obter información e orientación sobre problemáticas que as afecten, nomeadamente aquelas relacionadas coas situacións de desprotección. Así mesmo, este servizo proporciona apoio psicosocial en situacións problemáticas.
  • Servir de canle para a notificación de casos de risco, desatención ou desprotección de menores, para a súa posterior derivación aos equipos técnicos competentes.

Trátase dun servizo de carácter confidencial que garante o anonimato da persoa que así o solicita.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Nenos, nenas e adolescentes.

– Calquera outra persoa que teña coñecemento de posibles situacións de desprotección de persoas menores e que desexe informar sobre estes casos ou precise asesoramento sobre o procedemento de actuación nestas circunstancias.

  1. V) Forma de acceso: non aplicable.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Información.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Orientación e asesoramento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Notificación/derivación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

  1. Área de servizos específicos para a familia, infancia e adolescencia.

2.1. Servizos para familias de especial consideración.

2.1.1. Servizo de apoio a familias numerosas.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais de apoio a familias numerosas destinado a achegar información e levar a cabo a xestión de solicitudes, tramitación e expedición de título de familia numerosa e os beneficios que este comporta, así como a expedición de tarxetas persoais asimilables.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas pertencentes a unha unidade familiar que cumpra os requisitos de familia numerosa, de acordo coa normativa vixente.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da/s persoa/s interesada/s.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Información.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

– Expedición de títulos e tarxetas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.1.2. Servizo de apoio a familias monoparentais.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a acreditar a condición de familia monoparental, así como os beneficios que esta comporta.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas pertencentes a unha unidade familiar que cumpran os requisitos de familia monoparental, de acordo coa normativa vixente.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da persoa interesada.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Información.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

– Expedición da acreditación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.1.3. Servizo de apoio a familias con persoas maiores ao cargo.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a acreditar a condición de familia con persoas maiores a cargo, así como os beneficios que esta comporta.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas pertencentes a unha unidade familiar que cumpra os requisitos de familia con persoas maiores a cargo, de acordo coa normativa vixente.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da/s persoa/s interesada/s.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Información.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

– Expedición de acreditación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.1.4. Servizo de apoio a familias con persoas con discapacidade ao cargo.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a acreditar a condición de familia con persoas con discapacidade a cargo, así como os beneficios que esta comporta.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas pertencentes a unha unidade familiar que cumpra os requisitos de familia con persoas con discapacidade a cargo, de acordo coa normativa vixente.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da/s persoa/s interesada/s.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Información.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

– Expedición de acreditación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.1.5. Servizo de apoio a familias acolledoras.

2.1.5.1. Modalidade formación, valoración e apoio familiar.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións destinadas a levar a cabo a formalización do acollemento familiar de menores, definido este como o modo de exercicio da garda da persoa menor como medida de protección, consistente na integración desta nunha familia con que ten ou non vínculos de parentesco.

A finalidade do servizo é determinar a familia máis axeitada para satisfacer as necesidades da persoa menor e dotala das ferramentas que lle faciliten o desempeño das tarefas de atención e coidado desta.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas sen vínculo de parella, matrimonios ou parellas de feito, con ou sen fillos/as.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da/s persoa/s interesada/s.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Información.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Valoración de idoneidade psicosocial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única revisable.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Formación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: periódica.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Asignación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única revisable.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Apoio familiar: educación familiar, asesoramento e orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.1.5.2. Modalidade apoio económico.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: prestación económica destinada a compensar os gastos derivados da atención a nenos, nenas e adolescentes en réxime de acollemento familiar.

  1. IV) Persoas beneficiarias: familias que estean exercendo as actuacións propias da garda da persoa menor en réxime de acollemento familiar en función das características socioeconómicas e características persoais e necesidades da persoa menor.
  2. V) Forma de acceso: valoración do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única revisable.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

– Seguimento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

2.2. Servizo de apoio a familias en que se viven situacións de violencia de xénero.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a apoiar as familias cuxos membros sexan vítimas de violencia de xénero en todo o proceso de saída da situación de violencia vivida, poñendo á súa disposición os servizos e recursos precisos para a consecución da restauración do dano sufrido e á súa recuperación integral.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas pertencentes a unha unidade familiar en que existe unha situación de violencia de xénero, fundamentalmente nenas, nenos e adolescentes.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da persoa interesada.
  3. VI) Prestacións que incorpora.

– Información.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: equipo interdisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Atención terapéutica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: equipo interdisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Acollida.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: equipo interdisciplinar de profesionais das área psicosocial.

– Apoio económico.

– Oferta: obrigatoria.

– Intensidade: única revisable.

– Perfil profesional: profesionais da consellería competente na materia.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.3. Servizos para familias adoptantes.

2.3.1. Servizo de formación, valoración e apoio a familias adoptantes.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións profesionais destinadas a formalizar a adopción, entendida esta como unha relación xurídica de filiación entre a/s persoa/s adoptante/s e a persoa menor en que se extinguen os vínculos xurídicos desta coa súa familia de orixe e se integra plenamente no seu novo núcleo familiar, cunha equiparación plena de dereitos coa familia biolóxica.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas sen vínculo de parella, matrimonios ou parellas de feito, con ou sen fillos/as.
  2. V) Forma de acceso: solicitude da/s persoa/s interesada/s.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Información.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Valoración de idoneidade psicosocial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única revisable.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Formación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: periódica.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Asignación.

  • Oferta:

– Nacional: obrigatoria.

– Internacional: non aplicable.

  • Intensidade: única revisable.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Apoio familiar: educación familiar, asesoramento e orientación no período preadoptivo e postadoptivo.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade:

– Período preadoptivo: continua.

– Período postadoptivo: á demanda.

  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e apoio preadoptivo.

  • Oferta:

– Nacional: obrigatoria.

– Internacional: obrigatoria.

  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e apoio postadoptivo.

  • Oferta:

– Nacional: obrigatoria.

– Internacional: obrigatoria.

  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.4. Servizos para persoas menores en risco ou desamparo.

2.4.1. Servizo de valoración de menores e das súas familias.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados e servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a avaliar as circunstancias sociofamiliares en que se poden atopar os nenos, nenas e adolescentes e que poden constituír situación de desprotección e determinar, de ser o caso, aquel/es servizo/s, actuación/s e medida/s de intervención dos poderes públicos destinadas a paliar esta situación.

Para estes efectos constitúen situacións de desprotección as de risco e as de desamparo.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores que poidan atoparse ante circunstancias sociofamiliares consideradas como situacións de risco ou desamparo.
  2. V) Forma de acceso: detección ou notificación de circunstancias sociofamiliares que poidan ser consideradas como situacións de desprotección.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Avaliación individual e familiar.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento individual e familiar.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.4.2. Servizo de protección xurídica da persoa menor.

2.4.2.1. Modalidade tutela administrativa.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: asunción por parte do órgano competente da Xunta de Galicia das funcións de contido persoal, de representación legal e de administración patrimonial sobre a persoa menor establecidas na lexislación civil, coa finalidade de promover a reinserción desta no propio núcleo familiar, a constitución da tutela ordinaria ou a adopción.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores que residan ou se atopen transitoriamente no territorio da Comunidade Autónoma galega declaradas en situación de desamparo pola concorrencia dalgunha das circunstancias recollidas na normativa civil vixente.
  2. V) Forma de acceso: declaración de desamparo.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Representación legal.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: representante do órgano territorial da Xunta de Galicia competente na materia.

– Administración patrimonial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: representante do órgano territorial da Xunta de Galicia competente na materia.

– Atención persoal.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: representante do órgano territorial da Xunta de Galicia competente na materia.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.4.2.2. Modalidade garda administrativa.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: asunción por parte do órgano competente da Xunta de Galicia, como medida de protección da persoa menor, da obriga de velar por ela, tela na súa compaña, alimentala, educala e procurarlle unha atención e formación integral.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores que temporalmente non poidan ser atendidas pola súa familia ante a concorrencia de circunstancias graves que lles impidan exercer as súas funcións temporalmente.
  2. V) Forma de acceso:

– Solicitude dos/as pais/nais ou titoras/es legais.

– Valoración do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.

  1. VI) Prestacións que incorpora:

– Acollemento familiar.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: representante do órgano territorial da Xunta de Galicia competente na materia.

– Acollemento residencial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: representante do órgano territorial da Xunta de Galicia competente na materia.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.4.3. Servizo de intervención e atención integral de menores e as súas familias.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados e servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinado á redución daqueles factores de risco que poñen en perigo ou impiden a convivencia do neno, nena ou adolescente coa súa familia.

O obxectivo xeral do servizo é xerar cambios nas circunstancias das persoas menores e da súa familia, promovendo e optimizando todos os recursos protectores da familia e da comunidade en que vive a persoa menor, de xeito que se garanta o desenvolvemento integral de nenos/nenas e adolescentes e a cobertura das súas necesidades básicas por parte das súas persoas proxenitoras.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores en situación de desprotección e persoas integrantes do seu núcleo familiar.
  2. V) Forma de acceso: derivación do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Atención educativa.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Atención psicosocial.

– Apoio á conciliación.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: á demanda.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

2.4.4. Servizos de atención socioeducativa de menores.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais dirixido a favorecer e mellorar a inclusión social dos nenos, nenas e adolescentes, que compensen as súas desvantaxes socioeducativas.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores que se atopen en situación de desprotección.
  2. V) Forma de acceso: derivación do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Apoio educativo.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Animación planificada do lecer e do tempo libre.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Orientación familiar.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

2.4.5. Servizos de atención diúrna a menores.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais de apoio á familia e ás persoas menores, prestado nun centro, nun contexto de convivencia axeitado, destinado a satisfacer as súas necesidades persoais básicas, así como as educativas, de xeito que se minimicen as situacións de risco e se posibilite o traballo coas familias para que aumenten os seus factores de protección.

  1. IV) Persoas beneficiarias: nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.
  2. V) Forma de acceso: derivación do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Atención psicosocial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Intervención educativa.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Apoio familiar: educación familiar, asesoramento e orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Aloxamento diúrno.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: non aplicable.

– Mantenza, incluídas dietas específicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais das áreas psicosocial, saúde e servizos xerais.

– Atención á saúde: vixilancia, acompañamento a consultas médicas, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e da saúde.

– Atención persoal e asistencia nas actividades básicas da vida diaria.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de coidado persoal.

– Xestión de trámites e documentos persoais.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de servizos xerais.

– Traslados.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de servizos xerais.

– Lavandaría e xestión de roupa/calzado.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de servizos xerais.

– Limpeza e mantemento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento postinstitucional.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.4.6. Servizos de orientación e inserción sociolaboral de mozos e mozas en réxime de protección.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a dotar as persoas usuarias das ferramentas, habilidades e actitudes necesarias para promover a incorporación a unha vida autónoma e independente, proporcionando os recursos persoais suficientes para o acceso ao mercado laboral.

  1. IV) Persoas beneficiarias: mozos e mozas ata 21 anos e, excepcionalmente, ata os 25 anos, que estean baixo unha medida de protección de menores da Xunta de Galicia, cando as necesidades formativas e sociolaborais non poidan ser satisfeitas polas súas familias.
  2. V) Forma de acceso: derivación do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

– Atención socioeducativa e preparación para a vida autónoma.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial e/ou sociolaboral.

– Orientación, información e intermediación laboral.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e/ou sociolaboral.

– Apoio á formación para o emprego.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial e/ou sociolaboral.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial e/ou sociolaboral.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

2.4.7. Servizos de atención terapéutica a menores.

  1. I) Tipoloxía: normalizador.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados e servizos sociais comunitarios específicos.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinado á atención a nenos, nenas e adolescentes que presentan desaxustes psicolóxicos, emocionais e/ou de conduta severos, orixinados ou relacionados coa situación de desprotección que sufriron, coa separación da súa familia, ou que deriven en dificultades severas ou cronificadas na convivencia.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores en situación de desprotección e persoas maiores de 18 e menores de 21 anos que continúen baixo unha medida de protección de menores adoptada pola Xunta de Galicia, que presenten desaxustes psicolóxicos, emocionais e/ou de conduta severos.
  2. V) Forma de acceso: derivación do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial e/ou da saúde.

– Atención psicosocial especializada.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial e/ou da saúde.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial e/ou da saúde.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: si.

2.4.8. Servizos de acollemento familiar a menores.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións mediante o que se exerce a garda dun neno, nena ou adolescente como medida de protección, a través da plena integración da persoa menor nunha familia con que non se establece vinculo xurídico de filiación.

A finalidade do acollemento familiar é procurar á persoa menor separada da súa familia a atención nun contexto familiar ou de convivencia axeitado, xa sexa con carácter temporal ou permanente.

  1. IV) Persoas beneficiarias: nenos, nenas e adolescentes non emancipados que teñan que ser separados das súas familias de orixe e que sexan declarados en desamparo, en situación de garda administrativa ou xudicial.
  2. V) Forma de acceso: valoración do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Apoio familiar: educación familiar, asesoramento e orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Intervención psicosocial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Busca e asignación da familia.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única revisable.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Apoio á familia de orixe.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.4.9. Servizo de acollemento residencial de menores.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións mediante as cales se exerce a garda dun neno, nena ou adolescente como medida de protección, a través do seu aloxamento nun centro.

O acollemento residencial ten por obxecto proporcionar a atención, a educación e a formación axeitadas precisas para a normalización e integración sociofamiliar das persoas acollidas.

  1. IV) Persoas beneficiarias:

– Persoas menores non emancipadas que sexan declaradas en desamparo, en situación de garda administrativa ou xudicial.

– Persoas menores non emancipadas que, non podendo ser atendidas polas súas familias, necesiten atención inmediata, en canto se valora a súa situación sociofamiliar.

– Persoas maiores de 18 e menores de 21 anos que continúen baixo unha medida de protección de menores da Xunta de Galicia.

  1. V) Forma de acceso: valoración do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  2. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Atención psicosocial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Intervención educativa.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Apoio familiar, educación familiar, asesoramento e orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Aloxamento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: non aplicable.

– Alimentación, incluídas dietas específicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais das áreas psicosocial, saúde e servizos xerais.

– Atención á saúde: vixilancia, acompañamento a consultas médicas, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e da saúde.

– Atención persoal e asistencia nas actividades básicas da vida diaria.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de coidado persoal.

– Xestión de trámites e documentos persoais.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de servizos xerais.

– Traslado.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de servizos xerais.

– Lavandaría e xestión de roupa/calzado.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de servizos xerais.

– Limpeza e mantemento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento postinstitucional.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: si.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.4.10. Servizo de adopción.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións de protección dirixidas á persoa menor de idade en situación de desamparo, destinadas á integración definitiva desta nunha familia distinta á súa familia de orixe coa cal se establece un vínculo xurídico de filiación.

A finalidade da adopción é proporcionar aos nenos, nenas e adolescentes en situación legal de ser adoptados, unha familia que satisfaga as súas necesidades afectivas, socioeducativas e de desenvolvemento persoal.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores de idade non emancipadas en situación de desamparo.
  2. V) Forma de acceso: valoración do equipo técnico do/a menor da consellería competente na materia.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Apoio familiar: educación familiar, asesoramento e orientación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Intervención psicosocial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo de profesionais da área psicosocial.

– Busca e asignación de familia.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única revisable.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e avaliación preadoptivos.

  • Oferta:

– Nacional: obrigatoria.

– Internacional: non aplicable.

  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e avaliación postadoptivos.

  • Oferta:

– Nacional: non aplicable.

– Internacional: obrigatoria.

  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.5. Servizos para persoas menores infractoras.

2.5.1. Servizo de intervención educativa integral.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de medidas técnico-profesionais destinadas a procurar a reinserción social da persoa menor, incidindo na súa formación, educación, lecer e convivencia.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores sobre as cales recaia unha medida xudicial ou extraxudicial en virtude do disposto na normativa penal vixente.
  2. V) Forma de acceso: resolución xudicial ou acordo do Ministerio Fiscal.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Intervención educativa.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Atención psicosocial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Orientación, apoio e intervención familiar.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.5.2. Servizo de orientación e inserción sociolaboral para persoas menores suxeitas a medidas xudiciais.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a dotar as persoas menores das ferramentas, habilidades e actitudes necesarias para promover a incorporación a unha vida autónoma e independente, proporcionando os recursos persoais suficientes para o acceso ao mercado laboral.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores sobre as cales recaia algunha medida xudicial en virtude do disposto na normativa penal vixente.
  2. V) Forma de acceso: resolución xudicial ou valoración do equipo de intervención educativa.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: profesionais da área sociolaboral.

– Atención socioeducativa e preparación para a vida autónoma.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área sociolaboral.

– Orientación, información e intermediación laboral.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área sociolaboral.

– Formación/apoio á formación para o emprego.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área sociolaboral.

– Contratación.

  • Oferta: opcional.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área sociolaboral.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área sociolaboral.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.5.3. Servizo de atención terapéutica.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a dar tratamento específico a anomalías ou alteracións psíquicas, dependencia de bebidas alcohólicas, drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas ou alteracións na percepción que determinen unha alteración grave da conciencia da realidade.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores sobre as cales recaia unha medida xudicial de tratamento ambulatorio ou internamento terapéutico en virtude do disposto na normativa penal vixente.
  2. V) Forma de acceso: resolución xudicial.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Valoración inicial.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: única.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais das áreas psicosocial e da saúde.

– Atención psicolóxica.

  • Oferta:

– Internamento terapéutico: obrigatoria.

– Tratamento ambulatorio: non aplicable.

  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área da psicoloxía.

– Atención psiquiátrica.

  • Oferta:

– Internamento terapéutico: obrigatoria.

– Tratamento ambulatorio: non aplicable.

  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área da psiquiatría.

– Atención de enfermaría.

  • Oferta:

– Internamento terapéutico: obrigatoria.

– Tratamento ambulatorio: non aplicable.

  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área da enfermaría.

– Seguimento e avaliación.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais das áreas psicosocial e da saúde.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non.

2.5.4. Servizo de atención residencial.

  1. I) Tipoloxía: esencial.
  2. II) Ámbito de prestación: servizos sociais especializados.

III) Definición e obxectivos: conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a garantir á persoa menor a adecuada cobertura das necesidades persoais básicas.

  1. IV) Persoas beneficiarias: persoas menores sobre as cales recaia algunha medida xudicial privativa de liberdade en virtude do disposto na normativa penal vixente.
  2. V) Forma de acceso: resolución xudicial.
  3. VI) Prestacións que incorpora:

– Aloxamento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: non aplicable.

– Mantenza, incluídas dietas específicas.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: equipo intradisciplinar de profesionais das áreas da saúde e servizos xerais.

– Limpeza e mantemento.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais da área de servizos xerais.

– Lavandaría e xestión de roupa/calzado.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: diaria.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas de servizos xerais e psicosocial.

– Atención a saúde: vixilancia, acompañamento a consultas médicas, administración farmacolóxica.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e da saúde.

– Xestión de trámites e documentos persoais.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e de servizos xerais.

– Vixilancia e seguridade.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais das áreas psicosocial e servizos específicos.

– Traslados.

  • Oferta: obrigatoria.
  • Intensidade: continua.
  • Perfil profesional: profesionais da área psicosocial.

VII) Posibilidade de participación das persoas beneficiarias ou pais/nais ou persoas titoras ou gardadoras destas no sostemento do servizo: non.

VIII) Posibilidade de oferta privada: non

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *