Regulan os accesos nas estradas de GALICIA
ORDE do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo.
[sc name=”urbanismo” ]
Índice
TÍTULO I
Disposicións xerais
Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
Artigo 2. Competencias
Artigo 3. Criterio xeral
Artigo 4. Accesos e conexións
Artigo 5. Solo urbano e treitos urbanos
Artigo 6. Prohibición de accesos
Artigo 7. Distancias de parada e de cruzamento
Artigo 8. Cruzamentos e xiros á esquerda
TÍTULO II
Accesos ás autoestradas, autovías e vías para automóbiles
Artigo 9. Limitación de accesos
Artigo 10. Autorizacións de acceso a autoestradas, autovías e vías para automóbiles
TÍTULO III
Accesos ás estradas convencionais e vías de servizo
CAPÍTULO I
Características e deseño dos elementos de trazado
Artigo 11. Sección característica
Artigo 12. Características xerais dos elementos de trazado
Artigo 13. Carrís de cambio de velocidade
Artigo 14. Cuñas de cambio de velocidade
Artigo 15. Carrís centrais de espera
CAPÍTULO II
Accesos de actuacións urbanísticas, vías urbanas e camiños públicos a estradas convencionais e vías de servizo
Artigo 16. Actuación urbanística e informes sobre accesos en planeamento urbanístico
Artigo 17. Limitacións
Artigo 18. Distancias de seguridade en estradas convencionais
Artigo 19. Distancias de seguridade en vías de servizo
Artigo 20. Disposición dos accesos
Artigo 21. Trazado en planta e alzado
Artigo 22. Sección transversal
Artigo 23. Drenaxe
Artigo 24. Firme
Artigo 25. Iluminación
Artigo 26. Sistemas de contención
Artigo 27. Sinalización
Artigo 28. Reposición de accesos
CAPÍTULO III
Accesos de instalacións de servizo a estradas convencionais e vías de servizo
Artigo 29. Instalación de servizo
Artigo 30. Limitacións
Artigo 31. Distancias de seguridade en estradas convencionais
Artigo 32. Distancias de seguridade en vías de servizo
Artigo 33. Disposición dos accesos
Artigo 34. Trazado en planta e alzado
Artigo 35. Illa de separación
Artigo 36. Drenaxe
Artigo 37. Firme
Artigo 38. Iluminación
Artigo 39. Sistemas de contención
Artigo 40. Sinalización
Artigo 41. Reposición de accesos
Artigo 42. Publicidade
CAPÍTULO IV
Accesos a vivendas unifamiliares e predios agrícolas
Artigo 43. Ámbito de aplicación
Artigo 44. Limitacións
Artigo 45. Trazado en planta e alzado
Artigo 46. Sección transversal
Artigo 47. Portas e cambio de sentido
Artigo 48. Drenaxe
Artigo 49. Firme
Artigo 50. Sinalización
CAPÍTULO V
Accesos a outras propiedades
Artigo 51. Ámbito de aplicación
Artigo 52. Limitacións
Artigo 53. Disposición dos accesos
Artigo 54. Trazado en planta e alzado
Artigo 55. Sección transversal
Artigo 56. Portas e cambio de sentido
Artigo 57. Drenaxe
Artigo 58. Firme
Artigo 59. Sinalización
TÍTULO IV
Vías de servizo
CAPÍTULO I
Condicións xerais
Artigo 60. Obxecto das vías de servizo
Artigo 61. Consideración e clasificación das vías de servizo
Artigo 62. Vías de servizo nos estudos e proxectos de estradas
Artigo 63. Contribucións especiais
Artigo 64. Carácter demanial das vías de servizo
Artigo 65. Zonas de protección e liña límite de edificación
Artigo 66. Planificación, proxección, construción e explotación
CAPÍTULO II
Características e deseño
Artigo 67. Trazado
Artigo 68. Sección transversal
Artigo 69. Gálibo
Artigo 70. Drenaxe
Artigo 71. Firme
Artigo 72. Sistemas de contención
Artigo 73. Sinalización
Artigo 74. Pantalla anticegamento
CAPÍTULO III
Conexións coas estradas
Sección 1ª. Conexións con autoestradas, autovías e vías para automóbiles
Artigo 75. Criterios de conexión con autoestradas
Artigo 76. Criterios de conexión con autovías e vías para automóbiles
Artigo 77. Distancias de seguridade
Artigo 78. Características das conexións
Sección 2ª. Conexión con estradas convencionais
Artigo 79. Criterios de conexión con estradas convencionais
Artigo 80. Distancias de seguridade entre conexións das vías de servizo
Artigo 81. Características das conexións das vías de servizo
TÍTULO V
Autorizacións de acceso
CAPÍTULO I
Outorgamento de autorizacións
Artigo 82. Réxime xeral
Artigo 83. Consulta previa sobre viabilidade de autorizacións
Artigo 84. Inicio do procedemento de autorización
Artigo 85. Forma e lugar de presentación de solicitudes
Artigo 86. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento IF205D
Artigo 87. Comprobación de datos
Artigo 88. Emenda e mellora da solicitude
Artigo 89. Notificacións
Artigo 90. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
CAPÍTULO II
Efectos das autorizacións
Artigo 91. Efectos das autorizacións
Artigo 92. Compatibilidade na utilización de accesos
Artigo 93. Conservación e mantemento
Artigo 94. Prohibicións
Disposicións adicionais
Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais
Disposición adicional segunda. Actualización de modelos normalizados
Disposición adicional terceira. Accesos existentes
Disposición derrogatoria
Disposición derrogatoria única. Cláusula derrogatoria
Disposición derradeira
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
ANEXO I: Esquema resumo da estrutura da orde
ANEXO II: Táboas resumo de visibilidades de parada e de cruzamento
ANEXO III: Táboa resumo da disposición dos accesos
ANEXO IV: Táboas resumo das dimensións dos elementos dos accesos
ANEXO V: Táboa resumo distancias de seguridade entre accesos, en treitos non urbanos
ANEXO VI: Solicitude de consulta previa de viabilidade
ANEXO VII: Solicitude de autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación
Figura 1: Carril de aceleración
Figura 2: Carril de deceleración
Figura 3: Cuñas de cambio de velocidade
Figura 4: Carril central de espera
Figura 5: Distancias de seguridade con conexións ou accesos en estradas convencionais, en treitos non urbanos
Figura 6: Distancias de seguridade con obras especiais en estradas convencionais (I)
Figura 7: Distancias de seguridade con obras especiais en estradas convencionais (II)
Figura 8: Distancias de seguridade con conexións e outros accesos en vías de servizo, en treitos non urbanos
Figura 9: Distancias de seguridade con obras especiais en vías de servizo (I)
Figura 10: Distancias de seguridade con obras especiais en vías de servizo (II)
Figura 11: Limitacións pola presenza de pasos de peóns ou semáforos
Figura 12: Acceso a instalación de servizo con carrís de cambio de velocidade
Figura 13: Acceso a instalación de servizo con cuñas de cambio de velocidade
Figura 14: Acceso a instalación de servizo sen carrís nin cuñas de cambio de velocidade
Figura 15: Raio de xiro en accesos a instalacións de servizo con xiro á esquerda
Figura 16: Acceso a vivendas unifamiliares mediante cuneta rebasable
Figura 17: Acceso a vivendas unifamiliares mediante condución
Figura 18: Acceso a predios agrícolas mediante cuneta rebasable
Figura 19: Acceso a predios agrícolas mediante condución
Figura 20: Acceso a outras propiedades mediante cuneta rebasable
Figura 21: Acceso a outras propiedades mediante condución
Figura 22: Seccións tipo das vías de servizo
Exposición de motivos
A Constitución española, no seu artigo 148.1.5º, establece que as comunidades autónomas poden asumir competencias en materia de estradas cando o seu itinerario se desenvolva integramente no seu territorio.
Por outro lado, o Estatuto de autonomía de Galicia resérvalle, no seu artigo 27.8, á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de estradas non incorporadas á Rede de interese xeral do Estado cando o seu itinerario se desenvolva integramente no seu territorio.
O artigo 52 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, establece que a Administración titular das estradas pode limitar os accesos a estas e establecer con carácter obrigatorio os lugares en que se poden construír.
Poden establecerse igualmente as limitacións de deseño que xustificadamente se consideren convenientes, incluída a necesidade de que a execución dos accesos se realice a distinto nivel.
O artigo 128 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, establece que a Administración titular da rede poderá limitar e ordenar os accesos ás estradas e establecer, con carácter obrigatorio, os lugares e as condicións en que tales accesos se poidan construír, atendendo á normativa vixente e aplicando criterios de intensidade de tráfico, seguridade viaria, funcionalidade e explotación da estrada. En todo caso, será prioritario o emprego de accesos existentes e restrinxirase ao máximo a creación de novos accesos.
A conveniencia de procurar a máxima aplicación do principio de seguridade xurídica nas relacións da Administración coa cidadanía aconsella que o exercicio das facultades antes indicadas se configure como unha actividade regulada, en que o seu carácter discrecional se vexa reducido ao estritamente ineludible, en función das circunstancias específicas de cada caso.
A respecto disto, a diferente funcionalidade dos distintos tipos de estradas, segundo sexan autoestradas, autovías e vías para automóbiles ou estradas convencionais, determina que os requisitos para o acceso a estas deben tamén ser diferentes e adecuados ás súas respectivas esixencias de funcionamento, ao igual que deben considerarse os distintos usos para os cales se solicita acceso ás estradas.
Por outra parte, a necesidade de evitar que no exercicio das facultades concedidas nestas autorizacións se ocasionen danos e perdas ás infraestruturas e á explotación das estradas, aos seus elementos funcionais e á seguridade da circulación viaria, exixe a imposición daquelas limitacións e condicionamentos que en cada caso resulten procedentes.
Para tal fin, considérase conveniente indicar de forma xeral as condicións técnicas de localización, proxecto e construción e as que, segundo as circunstancias concorrentes, poidan reflectirse nas diversas actuacións administrativas que se leven a cabo ao respecto.
Por todo iso, e no uso da facultade conferida á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no artigo 18.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de decembro, reguladora da Xunta e a súa presidencia,
DISPOÑO:
TÍTULO I
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
1. O obxecto desta orde é establecer o réxime xurídico e as condicións técnicas sobre o outorgamento, a modificación e a suspensión, temporal ou definitiva das autorizacións de accesos ás estradas e vías de servizo.
2. Esta orde resulta de aplicación aos accesos ás estradas incorporadas aos catálogos de estradas das súas respectivas administracións titulares, segundo os procedementos establecidos no artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e ás vías de servizo de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia ou das entidades locais do seu ámbito territorial, excepto os accesos en solo urbano.
Artigo 2. Competencias
Correspóndelle á Administración titular da estrada o exercicio das seguintes competencias:
a) Limitar os accesos ás estradas e establecer, con carácter obrigatorio, os lugares e as condicións en que tales accesos se poidan construír, reordenar os accesos existentes e acordar, coas persoas particulares interesadas na construción de accesos non previstos, a achega económica que corresponda cando proceda e establecer as limitacións de deseño que xustificadamente se consideren convenientes, incluída a necesidade de que a execución dos accesos se realice a distinto nivel.
b) Outorgar, modificar ou suspender, temporal ou definitivamente, as autorizacións de acceso ás estradas e vías de servizo da súa competencia.
Artigo 3. Criterio xeral
1. No outorgamento de autorizacións de accesos considerarase preferentemente a súa influencia nas condicións de seguridade para a circulación viaria e no nivel de servizo, aplicando criterios de intensidade de tráfico, seguridade viaria e funcionalidade e explotación da estrada. Así mesmo, teranse en conta os plans e proxectos de ampliación, mellora, variación ou calquera obra na estrada que poida afectar a súa explotación, nun prazo inferior a dez anos.
2. No caso de accesos a vías transversais ou adxacentes, que conecten ou teñan previsto conectar coas estradas ou vías de servizo existentes ou proxectadas, cando estes accesos se realicen nas zonas de protección destas, a súa Administración titular exixirá, como parte da autorización para a súa execución, que a persoa solicitante acondicione o acceso ou conexión da vía transversal ou adxacente coa estrada ou vía de servizo a través do cal se acceda a elas. As condicións exixibles para este acondicionamento basearanse nos principios dispostos nesta orde segundo o tipo de acceso que se queira conectar á vía transversal ou adxacente.
Cando o acceso se realice fóra das zonas de protección das estradas ou vías de servizo existentes ou proxectadas, o promotor do acceso poderá solicitar autorización para acondicionar o acceso ou conexión da vía transversal ou adxacente coa estrada ou vía de servizo, segundo o establecido no parágrafo anterior.
Artigo 4. Accesos e conexións
1. Considéranse accesos directos ás estradas ou ás súas vías de servizo todas aquelas entradas e saídas de vehículos a elas en que a incorporación dos vehículos a ou desde a calzada se produce sen empregar as conexións da estrada con outras vías públicas que teñan a consideración de estradas ou de vías de servizo.
Teñen a consideración de accesos ás estradas ou ás súas vías de servizo os das actuacións urbanísticas, vías urbanas e camiños públicos, as instalacións de servizos e predios lindeiros.
2. Os accesos ás estradas ou ás súas vías de servizo clasifícanse en:
a) A nivel, cando os xiros á esquerda permitidos entre o acceso e a estrada ou vía de servizo se resolven cruzando a nivel algún dos carrís destas últimas.
b) A distinto nivel, cando os xiros á esquerda permitidos entre o acceso e a estrada ou vía de servizo se resolven sen cruzar a nivel algún dos carrís destas últimas.
c) Canalizados, cando os movementos permitidos entre o acceso e a estrada ou vía de servizo se realizan empregando ramais específicos, carrís ou cuñas de cambio de velocidade.
d) Sen canalizar, cando os movementos permitidos entre o acceso e a estrada ou vía de servizo se realizan sen empregar ramais específicos, carrís nin cuñas de cambio de velocidade.
3. Considéranse conexións mediante interseccións ou enlaces as que teñen lugar entre a estrada e outras vías públicas que teñan a consideración de estradas, da mesma ou de distinta titularidade, ou coas súas propias vías de servizo.
Artigo 5. Solo urbano e treitos urbanos
1. Considérase solo urbano aquel clasificado como tal no correspondente instrumento de planeamento urbanístico. De non existir planeamento urbanístico, considerarase solo urbano aquel que reúna os requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
2. Considérase treito urbano dunha estrada aquel que discorre por solo clasificado polo correspondente instrumento de planeamento urbanístico como urbano ou de núcleo rural cando, neste último caso, conte con aliñacións marcadas no antedito instrumento e sobre este emitise informe favorable, conforme a Lei de estradas de Galicia, a Administración titular da estrada.
Artigo 6. Prohibición de accesos
1. Prohíbense, en todo caso, os accesos:
a) Ás autoestradas, autovías e vías para automóbiles.
b) Ás estradas convencionais, variantes de poboación ou de trazado que fosen deseñadas con limitación de accesos.
c) Aos ramais dos enlaces e interseccións e aos treitos de vías de servizo nos cales prevalece a súa función como ramais de enlace.
2. Nas estradas convencionais e nas súas vías de servizo só se autorizarán accesos das propiedades lindeiras cando se cumpra algunha das seguintes condicións:
a) Que o acceso sexa de interese público por estar vinculado a bens, instalacións ou servizos de carácter igualmente público, tales como edificios administrativos, hospitais e centros de saúde, centros educativos ou similares.
b) Que se xustifique que non existe a posibilidade de acceso alternativo á rede viaria a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido e non se dispoña xa dun acceso co mesmo uso que se solicita. Non se considerará que existe a posibilidade de acceso alternativo a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido, no caso de que este acceso alternativo supoña un empeoramento da seguridade viaria ou da funcionalidade global da rede de estradas.
Artigo 7. Distancias de parada e de cruzamento
1. A distancia de parada defínese como a distancia total percorrida por un vehículo obrigado a deterse tan rapidamente como lle sexa posible, medida desde a súa situación no momento de aparecer o obxecto ou obstáculo que motiva a súa detención. Comprende a distancia percorrida durante os tempos de percepción, reacción e freada. Calcúlase segundo os criterios da Orde FOM/273/2016, do 19 de febreiro, pola que se aproba a Norma 3.1-IC Trazado da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa. Na táboa 1 indícanse as distancias de parada para as combinacións máis frecuentes de velocidades e inclinacións da rasante:
Táboa 1:Distancia de parada (m)
Velocidade (Km/h) Inclinación da rasante (%)
-7 -6 -5 -4 -3 -2 -1 0 1 2 3 4 5 6 7
40 40 39 39 38 38 38 37 37 37 36 36 36 35 35 35
50 57 56 55 54 54 53 52 52 51 51 50 50 49 49 48
60 78 76 75 74 73 72 71 70 69 68 67 66 66 65 64
70 103 101 99 97 95 94 92 91 90 88 87 86 85 84 83
80 133 130 127 125 122 120 118 116 114 112 110 108 107 105 104
90 170 165 161 158 154 151 148 145 142 139 137 135 133 130 128
100 213 207 201 196 191 187 182 178 175 171 168 165 162 159 156
2. A distancia de cruzamento, para un determinado movemento de cruzamento, defínese como a distancia que pode percorrer un vehículo sobre unha vía durante o tempo que outro emprega en realizar o dito movemento de cruzamento atravesando a dita vía total ou parcialmente. Calcúlase segundo os criterios da Norma 3.1-IC da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa. Na táboa 2 indícanse as distancias de cruzamento dos diferentes tipos de vehículos, para as combinacións máis frecuentes de velocidades e número de carrís que se vaian cruzar:
Táboa 2: Distancia de cruzamento (m)
Velocidade (Km/h) Tipo de vehículo
Lixeiro Ríxido Articulado
Nº carrís Nº carrís Nº carrís
1 2 3 1 2 3 1 2 3
40 66 72 78 97 104 111 128 135 142
50 83 91 97 121 130 139 160 169 178
60 99 109 117 145 156 167 192 203 214
70 116 127 136 169 182 194 224 237 249
80 132 145 156 193 208 222 256 271 285
90 149 163 175 218 234 250 288 305 320
100 165 181 195 242 260 278 320 339 356
3. Para os efectos desta orde, para a determinación das distancias de parada e de cruzamento empregaranse os valores das velocidades legais máximas de circulación no punto no que se sitúe o acceso solicitado ou existente.
4. Cando se dispoña de datos precisos sobre os vehículos patrón para o deseño do acceso, empregaranse as súas dimensións concretas para a determinación das distancias de cruzamento. En caso contrario, empregarase a seguinte clasificación:
a) Lixeiros: cando a súa masa máxima autorizada non exceda os 3.500 kg incluídos, de ser o caso, os posibles remolques.
b) Pesados ríxidos: cando a súa masa máxima autorizada sexa superior a 3.500 kg e non conten con remolque.
c) Articulados: cando a súa masa máxima autorizada sexa superior a 3.500 kg e conten con remolque.
Artigo 8. Cruzamentos e xiros á esquerda
1. A modificación da sinalización horizontal e vertical por razóns de seguridade viaria non ten a consideración de limitación ou ordenación de accesos, e poderá realizala directamente a Administración titular da estrada cando as citadas razóns o fagan necesario.
Nese sentido, a autorización de acceso só se refire aos movementos que se realicen no sentido de circulación da marxe en que se sitúe aquel. En ningún caso xerará dereito ningún para a realización de movementos de cruzamento ou xiro á esquerda con respecto á estrada ou vía de servizo, que serán sinalizados pola Administración titular.
En todo caso, ademais do resto de condicionantes que se teñan que reunir para poder sinalizar un xiro á esquerda, deberase ter en conta que, nos casos en que exista un cambio de sentido a unha distancia máxima de catrocentos metros (400 m), non se poderán autorizar os movementos que se poidan resolver a través do cambio de sentido existente.
2. Considerarase, para todos os efectos, que o vehículo que realiza o movemento de cruzamento desde unha conexión ou acceso parte do repouso e está situado a unha distancia de 3 metros, medida perpendicularmente ao bordo exterior da beiravía.
3. Tendo en conta o establecido no artigo 131 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, os vehículos B e C que se aproximan a unha intersección cando un vehículo A pretende realizar a manobra de cruzamento, con ou sen carril central de espera, deben dispor das visibilidades necesarias que garantan a súa seguridade.
Xiros á esquerda desde a vía principal, sen carril central de espera
Cando un vehículo A pretende realizar a manobra de cruzamento nunha intersección sen carril central de espera, o vehículo B que vén detrás no mesmo sentido deberá dispor dunha visibilidade igual ou superior á distancia de parada, e o vehículo C que vén no sentido oposto deberá dispor dunha visibilidade igual ou superior á distancia de cruzamento respecto do vehículo A antes de efectuar o cruzamento, e á distancia de parada respecto do vehículo A, logo de efectuado o cruzamento.
w: largo total en metros dos carrís atravesados.
l: lonxitude en metros do vehículo que atravesa a vía. Consideraranse, en función do estudo do tipo de tráfico no cruzamento, 5 m para vehículos lixeiros, 10 metros para vehículos pesados ríxidos e 15 metros para vehículos articulados.
Dp: distancia de parada.
Dc: distancia de cruzamento.
Considerarase como liña de referencia para medir as distancias con respecto ao vehículo A, logo de efectuado o cruzamento, unha liña imaxinaria paralela á vía transversal a dous metros (2,00 m) do bordo exterior da calzada da estrada. Suporase que inicialmente o vehículo A, antes de atravesar o sentido oposto, se sitúa a unha distancia de cinco metros (5,00 m) desde a anterior liña de referencia.
Para realizar unha análise simplificada da posición en planta, poderanse facer coincidir o punto de vista do observador e o obstáculo identificable coas arestas dos vehículos centrados no seu carril.
Para o cálculo da visibilidade de cruzamento, con independencia do vehículo patrón característico que realiza a manobra A, tomarase como altura do punto de vista do condutor 1,10 metros.
Xiros á esquerda desde a vía principal, con carril central de espera
Cando un vehículo A pretende realizar a manobra de cruzamento nunha intersección con carril central de espera, o vehículo C que vén no sentido oposto deberá dispor dunha visibilidade igual ou superior á distancia de cruzamento respecto do vehículo A antes de efectuar o cruzamento, e á distancia de parada respecto do vehículo A, logo de efectuado o cruzamento.
w: largo total en metros dos carrís atravesados.
l: lonxitude en metros do vehículo que atravesa a vía. Consideraranse, en función do estudo do tipo de tráfico no cruzamento, 5 m para vehículos lixeiros, 10 metros para vehículos pesados ríxidos e 15 metros para vehículos articulados.
Dp: distancia de parada.
Dc: distancia de cruzamento.
Considerarase como liña de referencia para medir as distancias con respecto ao vehículo A, logo de efectuado o cruzamento, unha liña imaxinaria paralela á vía transversal a dous metros (2,00 m) do borde exterior da calzada da estrada. Suporase que inicialmente o vehículo A, antes de atravesar o sentido oposto, se sitúa a unha distancia de tres metros (3,00 m) desde a anterior liña de referencia.
Para realizar unha análise simplificada da posición en planta, poderanse facer coincidir o punto de vista do observador e o obstáculo identificable coas arestas dos vehículos centrados no seu carril.
Para o cálculo da visibilidade de cruzamento, con independencia do vehículo patrón característico que realiza a manobra A, tomarase como altura do punto de vista do condutor 1,10 metros.
Xiros á esquerda desde a vía secundaria, sen carril central de espera
Cando un vehículo A pretende realizar unha manobra de cruzamento para incorporarse a unha vía principal desde unha vía secundaria, sen carril central de espera, os vehículos B e C que circulan nos dous sentidos da vía principal deberán dispor dunha visibilidade igual ou superior á maior das resultantes entre a distancia de cruzamento e a distancia de parada.
w: largo total en metros dos carrís atravesados.
D*: a maior distancia que resulte entre a distancia de parada e a distancia de cruzamento.
Considerarase como liña de referencia para medir as distancias con respecto ao vehículo A, logo de efectuado o cruzamento, unha liña imaxinaria paralela á vía transversal a dous metros (2,00 m) do bordo exterior da calzada da estrada.
Para realizar unha análise simplificada da posición en planta, poderanse facer coincidir o punto de vista do observador e o obstáculo identificable coas arestas dos vehículos centrados no seu carril.
Para o cálculo da visibilidade de cruzamento, con independencia do vehículo patrón característico que realiza a manobra A, tomarase como altura do punto de vista do condutor 1,10 metros.
Xiros á esquerda desde a vía secundaria, con carril central de espera
Cando un vehículo A pretende realizar unha manobra de cruzamento para incorporarse a unha vía principal desde unha vía secundaria, con carril central de espera, o vehículo C que circula polo carril que se cruza da vía principal deberá dispor dunha visibilidade igual ou superior á maior das resultantes entre a distancia de cruzamento e a distancia de parada.
w: largo total en metros dos carrís atravesados.
D*: a maior distancia que resulte entre a distancia de parada e a distancia de cruzamento.
Considerarase como liña de referencia para medir as distancias con respecto ao vehículo A, antes de efectuar o cruzamento, unha liña imaxinaria paralela á vía transversal a dous metros (2,00 m) do bordo exterior da calzada da estrada.
Para realizar unha análise simplificada da posición en planta, poderanse facer coincidir o punto de vista do observador e o obstáculo identificable coas arestas dos vehículos centrados no seu carril.
Para o cálculo da visibilidade de cruzamento, con independencia do vehículo patrón característico que realiza a manobra A, tomarase como altura do punto de vista do condutor 1,10 metros.
Cruzamento dunha estrada desde unha vía secundaria
Cando un vehículo A pretende cruzar unha estrada, os vehículos B e C que circulan nos dous sentidos da vía principal deberán dispor dunha visibilidade igual ou superior á maior das resultantes entre a distancia de cruzamento e a distancia de parada.
w: largo total en metros dos carrís atravesados.
l: lonxitude en metros do vehículo que atravesa a vía. Consideraranse, en función do estudo do tipo de tráfico no cruzamento, 5 m para vehículos lixeiros, 10 metros para vehículos pesados ríxidos e 15 metros para vehículos articulados.
D*: a maior distancia que resulte entre a distancia de parada e a distancia de cruzamento.
Considerarase como liña de referencia para medir as distancias con respecto ao vehículo A unha liña imaxinaria paralela á vía transversal a dous metros (2,00 m) do borde exterior da calzada da estrada.
Para realizar unha análise simplificada da posición en planta, poderanse facer coincidir o punto de vista do observador e o obstáculo identificable coas arestas dos vehículos centrados no seu carril.
Para o cálculo da visibilidade de cruzamento, con independencia do vehículo patrón característico que realiza a manobra A, tomarase como altura do punto de vista do condutor 1,10 metros.
4. Cando a intersección corresponda a un acceso particular cunha IMD menor de 10 vehículos/día sen vehículos pesados, e que non teña uso público, será suficiente que os vehículos que se aproximan dispoñan da obrigada visibilidade de parada.
TÍTULO II
ACCESOS ÁS AUTOESTRADAS, AUTOVÍAS E VÍAS PARA AUTOMÓBILES
Artigo 9. Limitación de accesos
1. As propiedades lindeiras non terán acceso directo ás autoestradas, autovías e vías para automóbiles. Os accesos destas realizaranse indirectamente, a través de estradas convencionais ou de vías de servizo que se conectarán a aquelas, en ambos os casos, nos enlaces que se habiliten.
2. Excepcionalmente, a Administración titular da estrada poderá autorizar a conexión das súas propias vías de servizo ás calzadas principais das autovías e vías para automóbiles. Neses casos respectaranse, non obstante, as distancias e os demais requisitos que se especifican na sección 1ª do capítulo III do título IV desta orde. Esta excepción non poderá aplicárselles, en ningún caso, ás autoestradas.
3. Os elementos funcionais das estradas, incluídas as instalacións para a súa conservación e explotación, poderán dispor de accesos canalizados ás autoestradas, autovías e vías para automóbiles.
Artigo 10. Autorizacións de acceso a autoestradas, autovías e vías para automóbiles
A autorización para a implantación de instalacións de servizos ou para a realización de calquera outra actividade privada nas marxes das autovías e vías para automóbiles non dará lugar á apertura de novas vías de servizo nin poderá incrementar o número das conexións daquelas coas calzadas principais.
O acceso das ditas instalacións e actividades ás autovías e vías para automóbiles realizarase a través das vías de servizo existentes e, de ser o caso, doutras estradas e camiños que conecten coas calzadas principais a través de enlaces.
Polo tanto, só se autorizarán accesos destas instalacións e actividades a vías de servizo existentes, sen que en ningún caso a autorización inclúa ou poida implicar un incremento do número de conexións existentes das vías de servizo coas calzadas principais ou cos ramais dos seus enlaces.
TÍTULO III
ACCESOS ÁS ESTRADAS CONVENCIONAIS E VÍAS DE SERVIZO
CAPÍTULO I
Características e deseño dos elementos de trazado
Artigo 11. Sección característica
1. Para os efectos desta orde, entenderase por sección característica dos enlaces, interseccións, accesos e carrís (figuras 1 e 2) ou cuñas (figura 3) de cambio de velocidade aquela onde o bordo exterior da calzada do correspondente elemento intersecte co bordo exterior da calzada principal.
No caso dos carrís centrais de espera (figura 4), entenderase por sección característica aquela onde é nulo o largo da cuña de transición correspondente.
2. Agás que se especifique o contrario, cando nesta orde se faga referencia ás distancias entre enlaces, interseccións, accesos ou carrís ou cuñas de cambio de velocidade, entenderase que se fai referencia ás distancias entre as seccións características daqueles.
Artigo 12. Características xerais dos elementos de trazado
1. Para os efectos desta orde, para definir as dimensións dos elementos de cambio de velocidade empregaranse os valores das velocidades legais máximas de circulación no punto en que se sitúe o acceso solicitado ou existente.
2. Os raios de enlace das aliñacións serán de quince metros (15 m) como mínimo (figuras 1, 2, 3 e 4).
3. A ampliación da plataforma para a execución dos elementos de cambio de velocidade e dos carrís centrais de espera farase de tal xeito que se manteñan en toda a súa lonxitude os largos dos carrís e bermas con que conte actualmente a calzada existente, sen que sexa posible que a ampliación se faga a custa de diminuír as dimensións destes elementos.
O largo mínimo da beiravía da calzada na zona afectada por elementos de cambio de velocidade ou carrís centrais de espera será de medio metro (0,5 m). Recoméndase manter o da beiravía existente cando sexa superior a ese valor (figuras 1, 2, 3 e 4).
No caso de que sexa precisa unha berma para aumentar a visibilidade ou para a disposición de sistemas de contención de vehículos asociados á execución do acceso, e a calzada principal non dispoña delas, habilitarase unha do largo necesario.
4. Na zona correspondente ao final dun carril ou cuña de deceleración, denominada nariz, onde diverxen a calzada principal e o acceso ou saída, non haberá obstáculos que representen un perigo para a seguridade viaria da circulación.
5. A zona de converxencia situada ao principio dun carril ou cuña de aceleración, denominada punta, deberá estar a nivel para permitir unha boa visibilidade para a manobra de converxencia.
6. No caso de que os carrís ou cuñas de cambio de velocidade se solapen, en todo ou en parte, con paradas de autobús existentes nas marxes da calzada principal, ou a distancia entre as seccións características ou puntos máis próximos de ambos os elementos sexa inferior a 50 m, as anteditas paradas de autobús integraranse como parte dos elementos de cambio de velocidade, prolongándoos, de ser o caso, cando for necesario.
Artigo 13. Carrís de cambio de velocidade
Os carrís de cambio de velocidade (figuras 1 e 2) que sexan necesarios serán executados pola persoa solicitante da autorización de acceso, pola súa conta, e deseñaranse tendo en conta as seguintes prescricións:
a) Serán de tipo paralelo, entendendo como tales aqueles en que o carril de cambio de velocidade se dispón acaroado á calzada principal e ten unha cuña triangular de transición de largo variable linealmente no extremo contiguo a esa calzada.
b) A súa lonxitude mínima será a indicada nas táboas 3 e 4, para as combinacións máis frecuentes de velocidades e inclinacións da rasante:
Táboa 3: Lonxitude do carril de aceleración (m)
Velocidade* (Km/h) Inclinación da rasante (%)
≤-7 -6 -5 -4 -3 -2 -1 0 1 2 3 4 5 6 ≥7
100 110 115 120 125 130 135 140 150 155 165 175 185 200 215 230
90 80 85 85 90 95 95 100 105 110 115 120 130 135 145 155
80 60 60 60 65 65 70 70 75 75 80 85 85 90 95 100
70 40 40 40 45 45 45 45 50 50 50 55 55 60 60 65
60 30 30 30 30 30 30 30 30 30 35 35 35 35 40 40
≤50 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30
*Empregarase a velocidade legal de circulación na sección en que sitúe o acceso
Táboa 4: Lonxitude do carril de deceleración (m)
Velocidade* (Km/h) Inclinación da rasante (%)
≤-7 -6 -5 -4 -3 -2 -1 0 1 2 3 4 5 6 ≥7
100 250 235 215 205 190 180 170 160 155 145 140 135 130 125 120
90 200 185 170 160 150 140 135 130 120 115 110 105 100 100 95
80 150 140 130 125 115 110 105 100 95 90 85 80 80 75 70
70 110 105 95 90 85 80 75 70 70 65 60 60 55 55 55
60 80 70 65 65 60 55 55 50 50 45 45 40 40 40 40
50 50 45 45 40 40 35 35 30 30 30 30 30 30 30 30
≤40 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30
*Empregarase a velocidade legal de circulación na sección en que sitúe o acceso
Para valores intermedios das pendentes, empregaranse os valores correspondentes aos valores enteiros máis próximos reflectidos nas táboas.
c) As lonxitudes mínimas que se considerarán para o deseño das cuñas de transición serán as indicadas na táboa 5, en función da velocidade máxima de circulación sinalizada no treito de estrada.
Táboa 5: Lonxitude da cuña triangular de transición (m)
Velocidade* (Km/h) Deceleración Aceleración
≥80 60 60
70 50 30
60 40 30
≤50 30 30
*Empregarase a velocidade legal de circulación na sección en que se sitúe o acceso
A lonxitude da cuña considérase incluída integramente na do correspondente carril de cambio de velocidade que figura nas táboas 3 e 4.
Pódese dar a circunstancia de que a lonxitude exixida para o carril de cambio de velocidade coincida coa da súa correspondente cuña triangular de transición. Neses casos, todo o carril se configurará en forma de cuña.
d) O largo dos carrís de cambio de velocidade, agás nas cuñas triangulares de transición, será igual ao do carril adxacente da calzada principal; manterase, en todo caso, un largo mínimo de tres metros (3 m).
e) Deberanse cumprir as limitacións referidas a distancias de seguridade con respecto a outros elementos de trazado que se establecen nos artigos correspondentes desta orde.
Artigo 14. Cuñas de cambio de velocidade
As cuñas de cambio de velocidade (figura 3) que sexan necesarias serán executadas pola persoa solicitante da autorización de acceso, pola súa conta, e deseñaranse tendo en conta as seguintes prescricións específicas:
a) As cuñas de cambio de velocidade poderán ser de saída da calzada principal (deceleración) ou de incorporación a aquela (aceleración).
b) A súa lonxitude mínima será a indicada na táboa 6 e o largo da cuña de saída será equivalente ao do carril adxacente da calzada a que se accede.
Táboa 6: Lonxitude mínima das cuñas de cambio de velocidade (m)
Velocidade*(Km/h) Deceleración Aceleración
≥80 60 60
70 50 30
60 40 30
≤50 30 30 con tráfico > 5.000 veh/día
0 con tráfico ≤ 5.000 veh/día
*Empregarase a velocidade legal de circulación na sección en que se sitúe o acceso
c) O largo da prolongación do bordo exterior da calzada das cuñas de cambio de velocidade, na súa intersección coa prolongación dos bordos da zona destinada á circulación de vehículos no acceso, será igual ao do carril adxacente da calzada principal, mantendo, en todo caso, un largo mínimo de tres metros (3 m).
d) Deberanse cumprir as limitacións referidas a distancias de seguridade con respecto a outros elementos de trazado que se establecen nos artigos correspondentes desta orde.
Artigo 15. Carrís centrais de espera
1. Os carrís centrais de espera (figura 4) que sexan necesarios serán executados pola persoa solicitante da autorización de acceso, pola súa conta, e deseñaranse tendo en conta as seguintes prescricións específicas:
a) Os carrís centrais de espera serán de dous tipos, deceleración e aceleración.
b) Os carrís centrais de deceleración disporán dunha zona cebreada, dunha cuña de transición, dunha zona de cambio de velocidade e dunha zona de almacenamento e espera.
Os carrís centrais de aceleración disporán dunha zona de cambio de velocidade, dunha cuña de transición e dunha zona cebreada.
c) As dimensións das zonas de cambio de velocidade e das cuñas de transición serán as que se establecen nesta orde para os carrís de cambio de velocidade (artigo 13.b) homólogos e para as súas correspondentes cuñas triangulares de transición (artigo 13.c).
d) A zona cebreada terá unha lonxitude superior ao dobre da establecida para a correspondente cuña triangular de transición.
e) A zona de almacenamento e espera terá unha lonxitude superior a quince metros (15 m). Poderá determinarse a necesidade dunha lonxitude superior en función da intensidade de tráfico no acceso.
f) O largo dos carrís centrais de espera, agás na parte das zonas cebreadas que non sexa adxacente ás cuñas de transición, será igual ou superior a tres metros (3 m); recoméndase manter o dos carrís existentes, cando sexa superior a ese valor.
2. Deberanse manter unhas distancias de seguridade entre as zonas de cambio de velocidade dos carrís centrais de espera e outros elementos da estrada equivalentes ás que nesta orde se exixen para os carrís de cambio de velocidade homólogos.
3. Non se poderá establecer carril central de espera nun carril para a circulación de vehículos rápidos ou lentos en calquera dos dous sentidos de circulación.
CAPÍTULO II
Accesos de actuacións urbanísticas, vías urbanas e camiños públicos a estradas convencionais e vías de servizo
Artigo 16. Actuación urbanística e informes sobre accesos en planeamento urbanístico
1. Para os efectos desta orde, entenderase por actuación urbanística a actividade ou acción de urbanización de calquera tipo, uso e/ou destino (residencial, industrial, comercial, de servizos, de dotacións ou similar) que xurda como consecuencia do desenvolvemento do planeamento urbanístico ou da ordenación territorial e que vaia contar con acceso público libre ou restrinxido.
2. Os informes relativos á redacción, revisión ou modificación dun instrumento de planeamento urbanístico a que se refire o artigo 23.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, axustaranse ao previsto neste capítulo, no que respecta aos accesos previstos de novas actuacións urbanísticas, vías urbanas ou camiños públicos.
Cando, conforme estes informes, sexa precisa a planificación dunha vía de servizo non prevista no planeamento, deberá redactarse un plan especial que a prevexa, coas limitacións do artigo 65 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, ou figura equivalente.
Artigo 17. Limitacións
As autorizacións de accesos estarán limitadas polas seguintes condicións:
a) Por restrición de acceso: non se autorizará o acceso ás estradas convencionais nas cales se restrinxiran os seus accesos mediante, por exemplo, a disposición de valado perimetral nas súas marxes.
b) Pola existencia de vías de servizo: non se autorizará o acceso á calzada principal se o treito de estrada está dotado de vías de servizo; o acceso deberase conectar ás vías de servizo.
c) Pola existencia de acceso alternativo: non se autorizará o acceso a estradas convencionais ou vías de servizo de titularidade autonómica ou provincial cando exista a posibilidade dun acceso alternativo á rede viaria a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido ou se dispoña xa dun acceso co mesmo uso que se solicita. Non se considerará que existe a posibilidade de acceso alternativo a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido, no caso de que este acceso alternativo supoña un empeoramento da seguridade viaria ou da funcionalidade global da rede de estradas.
d) Por razón de visibilidade: non se autorizará ningún acceso no cal non se cumpran, simultaneamente, as seguintes condicións:
1º. Todo acceso deberá dispor dunha visibilidade na estrada ou vía de servizo superior á distancia de parada para o carril e sentido de circulación da marxe en que se sitúa.
2º. No treito da estrada definido pola distancia de parada existirá plena visibilidade para calquera vehículo situado no acceso, a unha distancia de tres metros (3 m) do bordo exterior da beiravía.
e) Pola proximidade de semáforos ou pasos de peóns (figura 11): entre a sección característica final do elemento de incorporación ao carril principal do tronco ou, no caso de non existiren elementos de cambio de velocidade, entre o punto máis próximo do acceso e o semáforo ou paso de peóns seguinte, segundo o sentido da marcha, máis próximo ao acceso debe existir unha distancia igual ou superior á distancia de parada do treito.
Artigo 18. Distancias de seguridade en estradas convencionais
1. As distancias de seguridade en estradas convencionais mediranse na mesma marxe da estrada, entre as seccións características ou, no caso de non existiren elementos de cambio de velocidade, entre os puntos máis próximos do acceso e da conexión ou acceso adxacente (figura 5).
Nunha glorieta, que é un tipo de intersección con calzada anular, as distancias de seguridade mediranse desde o perímetro exterior da dita calzada.
2. Deberanse respectar as distancias de seguridade que figuran nos puntos 3 e 4 deste artigo nos seguintes casos:
a) Nas conexións entre unha estrada e outra vía pública que teña a consideración de estrada mediante interseccións ou enlaces.
b) Nas conexións dunha estrada coas súas propias vías de servizo mediante interseccións ou enlaces.
c) Nos accesos a actuacións urbanísticas, vías urbanas ou camiños públicos dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
d) Nos accesos a instalacións de servizos dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
e) Nos accesos a outras propiedades dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
No resto de accesos non será necesario que exista distancia de seguridade.
3. En treitos non urbanos e tendo en conta o punto 2 deste artigo, as distancias de seguridade mínimas entre un acceso ou conexión a unha estrada e o acceso ou conexión máis próximas serán as seguintes:
a) A distancia entre unha entrada á estrada dunha conexión ou acceso e unha saída da estrada da conexión ou acceso posterior será, como mínimo, de douscentos metros (200 m).
No caso de non se cumprir a distancia anterior, uniranse ambos os elementos nunha vía de servizo. Esta vía de servizo poderase converter en carril de trenzado se a distancia entre as súas seccións características é menor de douscentos metros (200 m).
b) A distancia entre dúas saídas consecutivas da estrada correspondentes a conexións ou accesos será, como mínimo, cincuenta metros (50 m).
No caso de non se cumprir a distancia anterior, uniranse ambos os elementos nunha vía de servizo. Esta vía de servizo poderase converter en carril de trenzado se a distancia entre as súas seccións características é menor de cincuenta metros (50 m).
c) A distancia entre dúas entradas consecutivas á estrada correspondentes a conexións ou accesos será, como mínimo, de cen metros (100 m).
No caso de non se cumprir a distancia anterior, uniranse ambos os elementos nunha vía de servizo. Esta vía de servizo poderase converter en carril de trenzado se a distancia entre as súas seccións características é menor de cen metros (100 m).
d) Non se establecen limitacións pola distancia entre unha saída da estrada e unha entrada á estrada consecutivas correspondentes a conexións ou accesos.
4. En treitos urbanos e tendo en conta o punto 2 deste artigo, as distancias mínimas de seguridade entre un acceso ou conexión a unha estrada e o acceso ou conexión máis próximas serán iguais ou superiores á distancia de parada do treito.
5. Distancias de seguridade pola proximidade a obras especiais (figuras 6 e 7): non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa estrada, nin modificación do número de carrís, antes ou despois do inicio e final dun treito afectado por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións e leitos de freada, nunha distancia de:
a) Douscentos metros (200 m), no caso de que o acceso requira a disposición de carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m) (figura 6).
b) Cincuenta metros (50 m), no resto dos casos (figura 7).
Artigo 19. Distancias de seguridade en vías de servizo
1. As distancias de seguridade en vías de servizo mediranse na mesma marxe da vía de servizo, entre as seccións características ou, no caso de non existiren elementos de cambio de velocidade, entre os puntos máis próximos do acceso e da conexión ou acceso adxacente (figura 8).
Nunha glorieta, que é un tipo de intersección con calzada anular, as distancias de seguridade mediranse desde o perímetro exterior da dita calzada.
2. Deberanse respectar as distancias de seguridade que figuran nos puntos 3 e 4 deste artigo nos seguintes casos:
a) Nas conexións entre a vía de servizo e unha vía pública que teña a consideración de estrada mediante interseccións ou enlaces.
b) Nos accesos a actuacións urbanísticas, vías urbanas ou camiños públicos dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
c) Nos accesos a instalacións de servizos dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
d) Nos accesos a outras propiedades dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
No resto de accesos non será necesario que exista distancia de seguridade.
3. En treitos non urbanos e tendo en conta o punto 2 deste artigo, as distancias de seguridade mínimas entre un acceso ou conexión e o acceso ou conexión máis próximas nunha vía de servizo serán as seguintes:
a) A distancia entre unha entrada á vía de servizo dunha conexión ou acceso e unha saída da vía de servizo da conexión ou acceso posterior será, como mínimo, de cincuenta metros (50 m).
En caso contrario, uniranse ambos os elementos.
b) A distancia entre dúas entradas consecutivas á vía de servizo correspondentes a conexións ou accesos será, como mínimo, de vinte e cinco metros (25 m).
En caso contrario, uniranse ambos os elementos.
c) Non se establecen limitacións pola distancias entre dúas saídas consecutivas da vía de servizo correspondentes a conexións ou accesos.
d) Non se establecen limitacións pola distancias entre unha saída da vía de servizo e unha entrada á vía de servizo consecutivas correspondentes a conexións ou accesos.
4. En treitos urbanos e tendo en conta o punto 2 deste artigo, as distancias mínimas de seguridade serán iguais ou superiores á distancia de parada do treito.
5. Distancias de seguridade pola proximidade a obras especiais (figuras 9 e 10): non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa vía de servizo, nin modificación do número de carrís, nos cincuenta metros (50 m), anteriores ou posteriores, do inicio e final dun treito afectado por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións e leitos de freada.
Artigo 20. Disposición dos accesos
1. Dispoñeranse carrís de cambio de velocidade nos treitos de estrada ou vía de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa igual ou superior a oitenta quilómetros por hora (80 km/h) e, simultaneamente, a intensidade media diaria de circulación sexa superior a cinco mil (5.000) vehículos ao día.
2. No resto dos casos, dispoñeranse cuñas de cambio de velocidade, excepto nos accesos para camiños públicos en vías de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa igual ou inferior a cincuenta quilómetros por hora (50 km/h) e, simultaneamente, a intensidade media diaria de circulación sexa igual ou inferior a 3.000 vehículos ao día, en que o deseño que se seguirá será o establecido nos artigos 45 e 46 desta orde para o caso de acceso de predio agrícola (figuras 18 e 19).
3. Os accesos a actuacións urbanísticas, vías urbanas e camiños públicos poderanse realizar a través dunha glorieta sempre que queden garantidos os condicionantes xeométricos da nova conexión na glorieta e as condicións óptimas de circulación e de seguridade viaria. A Administración titular da estrada indicará o procedemento para establecer estes condicionantes.
Artigo 21. Trazado en planta e alzado
1. O deseño en planta dos accesos realizarase de tal xeito que os raios de enlace das aliñacións serán de quince metros (15 m) como mínimo.
2. Cando se permitan os xiros á esquerda para entrar ou saír do acceso, este deseñarase de xeito que, preferentemente, permita a realización de manobras de cambio de sentido para os vehículos que circulen pola estrada principal.
3. Se o acceso se produce en zona de terraplén da estrada ou vía de servizo, a pendente lonxitudinal máxima deste será do catro por cento (4 %), nunha lonxitude non inferior a dez metros (10 m). Se o acceso se produce en zona de desmonte da estrada ou vía de servizo, o seu perfil lonxitudinal deseñarase en contrapendente mínima do un por cento (1 %), de tal xeito que se garanta a correcta drenaxe da auga de escorrega que discorra pola vía secundaria, evitando a súa chegada á calzada da estrada ou vía de servizo.
4. As curvas de acordo vertical que se deseñen na vía secundaria, na zona do acceso, terán un parámetro mínimo de cen metros (100 m).
5. Se o acceso se realiza sobre as cuñas ou carrís de cambio de velocidade doutro acceso existente, conectaranse ambos dun dos seguintes xeitos:
a) Mediante un carril de trenzado, deseñado de tal xeito que as cuñas ou carrís de cambio de velocidade entre este e a calzada a que se acceda conten coas dimensións mínimas exixibles a aquel acceso que presente uns requisitos máis estritos ao respecto.
b) Mediante unha vía de servizo.
Artigo 22. Sección transversal
A vía secundaria terá unha largura mínima de seis metros (6 m) nunha lonxitude non inferior a quince metros (15 m), que se medirá desde a aresta exterior da calzada da estrada ou vía de servizo.
Artigo 23. Drenaxe
1. Nas obras de reposición da drenaxe da estrada ou vía de servizo as condicións de drenaxe tanto no que se refire á drenaxe subterránea como á superficial, e outras tales como as pendentes transversais, cunetas ou desaugadoiros, disporanse cos mesmos criterios e normas vixentes que para a estrada ou vía de servizo.
2. A continuidade da drenaxe da estrada ou vía de servizo na zona afectada polo acceso que se vaia realizar garantirase mediante unha condución de dimensións suficientes. Se a lonxitude desta resulta superior a oito metros (8 m), disporanse tantas arquetas de rexistro intermedias como sexa necesario para facilitar a limpeza da condución, de tal xeito que ningún treito presente unha lonxitude superior a aquela.
No caso de que o elemento de drenaxe lonxitudinal da calzada da estrada ou vía de servizo estea constituído por unha cuneta e, para manter a súa continuidade, sexa necesario cubrila dalgún xeito (mediante conducións ou lousas, por exemplo), as súas embocaduras cubriranse mediante reixas inclinadas cunha pendente máxima de trinta graos (30º).
3. En todo caso, non se interferirá a drenaxe superficial ou profunda da estrada ou vía de servizo e impedirase a chegada de augas de escorrega desde o acceso á calzada. Excepcionalmente, se fose preciso, disporanse embornais ou reixas corridas no acceso.
Artigo 24. Firme
Afirmaranse, en toda a súa lonxitude e largura, os carrís ou cuñas de cambio de velocidade e os carrís centrais de espera que formen parte do acceso, de acordo coa Orde FOM/3460/2003, do 28 de novembro, pola que se aproba a Norma 6.1 IC Seccións de firme da Instrución de estradas, ou disposición análoga que a substitúa, e cun pavimento executado cun tipo de material análogo ao empregado na calzada a que se acceda.
Artigo 25. Iluminación
Cando se dispoña iluminación no acceso, constituirá un sistema independente do da calzada principal e en ningún caso provocará o cegamento das persoas usuarias daquela.
Artigo 26. Sistemas de contención
Todos os obstáculos que se coloquen co motivo da construción do acceso ou do elemento a que este serve que poidan supoñer un aumento da perigosidade da estrada ou vía de servizo e, en particular, os báculos situados nas marxes dos accesos deberán dispoñer de sistemas de contención conforme as recomendacións vixentes en cada momento sobre a materia.
Artigo 27. Sinalización
A sinalización vertical axustarase á Orde FOM 534/2014, do 20 de marzo, pola que se aproba a Norma 8.1-IC Sinalización vertical da Instrución de estradas, e ao Catálogo de sinais de circulación da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, ou disposicións análogas que os substitúan.
As marcas viarias realizaranse conforme o establecido na Orde do 16 de xullo de 1987 pola que se aproba a Norma 8.2-IC Marcas viarias da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa.
Sempre que o acceso non dispoña de carril de aceleración, disporase un sinal tipo R-2 de detención obrigatoria na marxe dereita do acceso, en prolongación da aresta exterior da plataforma da estrada ou vía de servizo.
Artigo 28. Reposición de accesos
Se as obras afectan accesos existentes autorizados, no proxecto deberanse incluír como obras que deberá realizar a persoa interesada aquelas necesarias para a reposición dos anteditos accesos segundo os principios establecidos nesta orde, aínda que non se cumpran estritamente todos os seus preceptos, de tal xeito que, cando menos, se manteñan as mesmas condicións de seguridade viaria con que contaban anteriormente.
CAPÍTULO III
Accesos de instalacións de servizo a estradas convencionais e vías de servizo
Artigo 29. Instalación de servizo
Enténdese por instalacións de servizos todas aquelas que satisfagan necesidades das persoas usuarias das estradas, sempre que se atopen situadas fóra de áreas de servizo. Considéranse incluídas nesta categoría, ademais doutras instalacións asimilables, as estacións de servizo, restaurantes, hoteis, moteis, talleres mecánicos e cafeterías.
O cambio de uso entre as instalacións de servizo indicadas no parágrafo anterior requirirá autorización de acceso.
Artigo 30. Limitacións
As autorizacións de acceso estarán limitadas polas seguintes condicións:
a) Por restrición de acceso: non se autorizará o acceso ás estradas convencionais nas cales se restrinxisen os seus accesos mediante, por exemplo, a disposición de valado perimetral nas súas marxes.
b) Pola existencia de vías de servizo: non se autorizará o acceso á calzada principal se o treito de estrada está dotado de vías de servizo; o acceso deberase conectar ás vías de servizo.
c) Pola existencia de acceso alternativo: non se autorizará o acceso a estradas convencionais ou vías de servizo de titularidade autonómica ou provincial cando exista a posibilidade dun acceso alternativo á rede viaria a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido ou se dispoña xa dun acceso co mesmo uso que se solicita. Non se considerará que existe a posibilidade de acceso alternativo a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido, no caso de que este acceso alternativo supoña un empeoramento da seguridade viaria ou da funcionalidade global da rede de estradas.
d) Por razón de visibilidade, non se autorizará ningún acceso no cal non se cumpran, simultaneamente, as seguintes condicións:
1º. Todo acceso deberá dispor dunha visibilidade na estrada ou vía de servizo superior á distancia de parada para o carril e sentido de circulación da marxe en que se sitúa.
2º. No treito da estrada definido pola distancia de parada existirá plena visibilidade para calquera vehículo situado no acceso, a unha distancia de tres metros (3 m) do bordo exterior da beiravía.
e) Pola proximidade de semáforos ou pasos de peóns (figura 11): entre a sección característica final do elemento de incorporación ao carril principal do tronco ou, no caso de non existiren elementos de cambio de velocidade, entre o punto máis próximo do acceso e o semáforo ou paso de peóns seguinte, segundo o sentido da marcha, máis próximo ao acceso debe existir unha distancia igual ou superior á distancia de parada do treito.
Artigo 31. Distancias de seguridade en estradas convencionais
1. As distancias de seguridade en estradas convencionais mediranse na mesma marxe da estrada, entre as seccións características ou, no caso de non existiren elementos de cambio de velocidade, entre os puntos máis próximos do acceso e da conexión ou acceso adxacente (figura 5).
Nunha glorieta, que é un tipo de intersección con calzada anular, as distancias de seguridade mediranse desde o perímetro exterior da dita calzada.
2. Deberanse respectar as distancias de seguridade que figuran nos puntos 3 e 4 deste artigo nos seguintes casos:
a) Nas conexións entre unha estrada e outra vía pública que teña a consideración de estrada mediante interseccións ou enlaces.
b) Nas conexións dunha estrada coas súas propias vías de servizo mediante interseccións ou enlaces
c) Nos accesos a actuacións urbanísticas, vías urbanas ou camiños públicos dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
d) Nos accesos a instalacións de servizos dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
e) Nos accesos a outras propiedades dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
No resto de accesos non será necesario que exista distancia de seguridade.
3. En treitos non urbanos e tendo en conta o punto 2 deste artigo, as distancias de seguridade mínimas entre un acceso ou conexión a unha estrada e o acceso ou conexión máis próximas serán as seguintes:
a) A distancia entre unha entrada á estrada dunha conexión ou acceso e unha saída da estrada da conexión ou acceso posterior será, como mínimo, de douscentos metros (200 m).
No caso de non se cumprir a distancia anterior, uniranse ambos os elementos nunha vía de servizo. Esta vía de servizo poderase converter en carril de trenzado se a distancia entre as súas seccións características é menor de douscentos metros (200 m).
b) A distancia entre dúas saídas consecutivas da estrada correspondentes a conexións ou accesos será, como mínimo, cincuenta metros (50 m).
No caso de non se cumprir a distancia anterior, uniranse ambos os elementos nunha vía de servizo. Esta vía de servizo poderase converter en carril de trenzado se a distancia entre as súas seccións características é menor de cincuenta metros (50 m).
c) A distancia entre dúas entradas consecutivas á estrada correspondentes a conexións ou accesos será, como mínimo, de cen metros (100 m).
No caso de non se cumprir a distancia anterior, uniranse ambos os elementos nunha vía de servizo. Esta vía de servizo poderase converter en carril de trenzado se a distancia entre as súas seccións características é menor de cen metros (100 m).
d) Non se establecen limitacións pola distancias entre unha saída da estrada e unha entrada á estrada consecutivas correspondentes a conexións ou accesos.
4. En treitos urbanos e tendo en conta o punto 2 deste artigo, as distancias mínimas de seguridade entre un acceso ou conexión a unha estrada e o acceso ou conexión máis próximas serán iguais ou superiores á distancia de parada do treito.
5. Non se establecen limitacións por razón de distancias de seguridade a outros accesos ou conexións no caso dos accesos de instalacións de servizo que non requiran a disposición de carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
6. Distancias de seguridade pola proximidade a obras especiais: non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa estrada, nin modificación do número de carrís, antes ou despois do inicio e final dun treito afectado por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións e leitos de freada, nunha distancia de:
a) Douscentos metros (200 m), no caso de que o acceso requira a disposición de carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m) (figura 6).
b) Cincuenta metros (50 m), no resto dos casos (figura 7).
Artigo 32. Distancias de seguridade en vías de servizo
1. As distancias de seguridade en vías de servizo mediranse na mesma marxe da vía de servizo, entre as seccións características ou, no caso de non existiren elementos de cambio de velocidade, entre os puntos máis próximos do acceso e da conexión ou acceso adxacente (figura 8).
Nunha glorieta, que é un tipo de intersección con calzada anular, as distancias de seguridade mediranse desde o perímetro exterior da dita calzada.
2. Deberanse respectar as distancias de seguridade que figuran nos puntos 3 e 4 deste artigo nos seguintes casos:
a) Nas conexións entre a vía de servizo e unha vía pública que teña a consideración de estrada mediante interseccións ou enlaces.
b) Nos accesos a actuacións urbanísticas, vías urbanas ou camiños públicos dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
c) Nos accesos a instalacións de servizos dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
d) Nos accesos a outras propiedades dotados con carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m).
No resto de accesos non será necesario que exista distancia de seguridade.
3. En treitos non urbanos e tendo en conta o punto 2 deste artigo, as distancias de seguridade mínimas entre un acceso ou conexión e o acceso ou conexión máis próximas nunha vía de servizo serán as seguintes:
a) A distancia entre unha entrada á vía de servizo dunha conexión ou acceso e unha saída da vía de servizo da conexión ou acceso posterior será, como mínimo, de cincuenta metros (50 m).
En caso contrario, uniranse ambos os elementos.
b) A distancia entre dúas entradas consecutivas á vía de servizo correspondentes a conexións ou accesos será, como mínimo, de vinte e cinco metros (25 m).
En caso contrario, uniranse ambos os elementos.
c) Non se establecen limitacións pola distancias entre dúas saídas consecutivas da vía de servizo correspondentes a conexións ou accesos.
d) Non se establecen limitacións pola distancia entre unha saída da vía de servizo e unha entrada á vía de servizo consecutivas correspondentes a conexións ou accesos.
4. En treitos urbanos e tendo en conta o punto 2 deste artigo, as distancias mínimas de seguridade serán iguais ou superiores á distancia de parada do treito.
5. Non se establecen limitacións por razón de distancias de seguridade a outros accesos ou conexións no caso dos accesos de instalacións de servizo que non requiran a disposición de carrís ou cuñas de cambio de velocidade.
6. Distancias de seguridade pola proximidade a obras especiais (figuras 9 e 10): non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa vía de servizo, nin modificación do número de carrís, nos cincuenta metros (50 m), anteriores ou posteriores, do inicio e final dun treito afectado por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións e leitos de freada.
Artigo 33. Disposición dos accesos
1. Os accesos a unha instalación de servizo deberán deseñarse de xeito que os vehículos que accedan non cheguen a acumularse e produzan afección á circulación da vía principal.
2. Dispoñeranse carrís de cambio de velocidade (figura 12) nos treitos de estrada ou vía de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa igual ou superior a oitenta quilómetros por hora (80 km/h) e, simultaneamente, a intensidade media diaria de circulación sexa superior a cinco mil (5.000) vehículos ao día.
3. Dispoñeranse cuñas de cambio de velocidade (figura 13) nos treitos de estrada ou vía de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa superior a cincuenta quilómetros por hora (50 km/h) ou nos cales a intensidade media diaria de circulación sexa superior a 3.000 vehículos ao día, agás que por razón da velocidade legal ou da intensidade media de circulación sexan precisos carrís de cambio de velocidade.
4. Nos accesos a instalacións de servizo que requiran carrís ou cuñas de cambio de velocidade, os elementos de entrada e saída uniranse mediante unha vía que terá a consideración de vial interior do acceso e, en consecuencia, non constituirá un elemento funcional da estrada para os efectos da liña límite de edificación (figuras 12 e 13).
Se esta vía interior do acceso ten que prolongarse para unirse cunha conexión ou acceso adxacente, trataríase como unha vía de servizo e si sería un elemento funcional da estrada para todos os efectos.
Esta vía terá un largo igual ao largo dos carrís da calzada principal e terá unha beiravía a cada lado dun largo mínimo de 0,5 m.
Á vía separarase de maneira física con respecto á calzada principal, respectando as dimensións das beiravías de ambas e mantendo unha separación mínima dun metro (1 m) entre os bordos exteriores das súas respectivas beiravías. A separación física entre a vía de servizo e a calzada principal poderá adoptar algunha das seguintes configuracións:
a) Dúas liñas de bordos montables, con formigón entre elas e balizas H-75.
b) Dúas liñas de bordos montables, con vexetación entre elas.
c) Barreira de contención de vehículos de formigón.
5. Nos treitos de estrada ou vía de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa igual ou inferior a cincuenta quilómetros por hora (50 km/h) e, simultaneamente, a intensidade media diaria de circulación sexa igual ou inferior a 3.000 vehículos ao día, o acceso de entrada formará un ángulo de trinta graos (30º) co eixe da calzada principal e o acceso de saída de vehículos a aquela terá unha sección de catro metros e medio (4,5 m), formará co eixe da estrada un ángulo comprendido entre setenta e noventa graos (70º e 90º) e sinalizarase mediante unha detención obrigatoria (figura 14).
A disposición anterior empregarase tamén para habilitar o acceso entre a instalación de servizo e a vía de servizo especificado no punto 4 deste artigo, no caso de accesos a instalacións de servizo que requiran carrís ou cuñas de cambio de velocidade (figuras 12 e 13).
6. Os accesos a instalacións de servizo poderanse realizar a través dunha glorieta, sempre que queden garantidos os condicionantes xeométricos da nova conexión na glorieta e as condicións óptimas de circulación e de seguridade viaria. A Administración titular da estrada indicará o procedemento para establecer estes condicionantes.
Artigo 34. Trazado en planta e alzado
1. Cando se permitan os xiros á esquerda para entrar ou saír do acceso:
a) O acceso deseñarase de xeito que, preferentemente, permita a realización de manobras de cambio de sentido para os vehículos que circulen pola estrada principal.
b) A disposición e as dimensións do acceso permitirán o paso incluso dos vehículos articulados, sen que estes teñan que efectuar manobras sobre a estrada ou vía de servizo, para o que o movemento de entrada á instalación de servizo, desde o eixe do carril do lado oposto á instalación de servizos onde se inicia a manobra de xiro ou do carril central de espera, se poida realizar cun raio de xiro de, como mínimo, quince metros (15 m), sen necesidade de manobras intermedias e sen que, logo de completado o movemento, un vehículo articulado ocupe, nin total nin parcialmente, a calzada ou as beiravías da estrada ou vía de servizo (figura 15).
2. Se o acceso se produce en zona de terraplén da estrada ou vía de servizo, a pendente lonxitudinal máxima deste será do catro por cento (4%), nunha lonxitude non inferior a dez metros (10 m). Se o acceso se produce en zona de desmonte da estrada ou vía de servizo, o seu perfil lonxitudinal deseñarase en contrapendente mínima do un por cento (1%), de tal xeito que se garanta a correcta drenaxe da auga de escorrega que discorra pola vía secundaria, evitando a súa chegada á calzada da estrada ou vía de servizo.
3. Se o acceso se realiza sobre as cuñas ou carrís de cambio de velocidade doutro acceso existente, conectaranse ambos mediante un dos seguintes xeitos:
a) Mediante un carril de trenzado, deseñado de tal xeito que as cuñas ou carrís de cambio de velocidade entre este e a calzada a que se acceda conten coas dimensións mínimas exixibles a aquel acceso que presente uns requisitos máis estritos ao respecto.
b) Mediante unha vía de servizo.
4. Se o acceso se realiza sobre outras vías transversais ou adxacentes, que conecten ou teñan previsto conectar coas estradas ou vías de servizo existentes ou proxectadas, executarase integramente máis separado destas que a liña límite de edificación.
Artigo 35. Illa de separación
Disporase unha illa de separación da estrada ou vía de servizo, que ocupará as zonas entre accesos de entrada e saída, cunha largura mínima de dous metros (2 m) e respectando sempre a beiravía da estrada ou vía de servizo.
Esta illa, que non será transitable para vehículos, poderase destinar a zona verde e colocaranse bordos montables en todo o seu perímetro.
Artigo 36. Drenaxe
1. A drenaxe das augas contaminadas da instalación de servizos construirase sen posibilidade de conexión coa rede de drenaxe da estrada ou vía de servizo.
2. Nas obras de reposición da drenaxe da estrada ou vía de servizo as condicións de drenaxe, tanto no que se refire á drenaxe subterránea como á superficial, e outros tales como as pendentes transversais, cunetas ou desaugadoiros, disporanse cos mesmos criterios e normas vixentes que para a estrada ou vía de servizo.
3. A continuidade da drenaxe da estrada ou vía de servizo na zona afectada polo acceso que se vaia realizar garantirase mediante unha condución de dimensións suficientes. Se a lonxitude desta resulta superior a oito metros (8 m), disporanse tantas arquetas de rexistro intermedias como sexa necesario para facilitar a limpeza da condución, de tal xeito que ningún treito presente unha lonxitude superior a aquela.
No caso de que o elemento de drenaxe lonxitudinal da calzada da estrada ou vía de servizo estea constituído por unha cuneta e, para manter a súa continuidade, sexa necesario cubrila dalgún xeito (mediante conducións ou lousas, por exemplo), as súas embocaduras cubriranse mediante reixas inclinadas cunha pendente máxima de trinta graos (30º).
4. En todo caso, non se interferirá a drenaxe superficial ou profunda da estrada ou vía de servizo e impedirase a chegada de augas de escorrega desde o acceso á calzada. Excepcionalmente, se for preciso, disporanse embornais ou reixas corridas no acceso.
Artigo 37. Firme
Afirmaranse, en toda a súa lonxitude e largura, os carrís ou cuñas de cambio de velocidade e os carrís centrais de espera que formen parte do acceso, de acordo coa Norma 6.1-IC de Seccións de firme da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa, e cun pavimento executado cun tipo de material análogo ao empregado na calzada a que se acceda.
Artigo 38. Iluminación
Cando se dispoña iluminación no acceso, constituirá un sistema independente do da calzada principal e en ningún caso provocará o cegamento das persoas usuarias daquela.
Artigo 39. Sistemas de contención
Todos os obstáculos que se coloquen con motivo da construción do acceso ou do elemento a que este serve que poidan supoñer un aumento da perigosidade da estrada ou vía de servizo e, en particular, os báculos situados nas marxes dos accesos deberán dispoñer de sistemas de contención conforme as recomendacións vixentes en cada momento sobre a materia.
Artigo 40. Sinalización
A sinalización vertical axustarase á Norma 8.1-IC de Sinalización vertical da Instrución de estradas e ao Catálogo de sinais de circulación da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, ou disposicións análogas que os substitúan.
As marcas viarias realizaranse conforme o establecido na Norma 8.2-IC de Marcas viarias da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa.
Artigo 41. Reposición de accesos
Se as obras afectan accesos existentes autorizados, no proxecto deberanse considerar como obras que deberá realizar a persoa interesada aquelas necesarias para a reposición dos anteditos accesos, segundo os principios establecidos nesta orde. Se non é posible cumprir estritamente todos os seus preceptos, cando menos deberanse manter as mesmas condicións de seguridade viaria con que contaban anteriormente.
Artigo 42. Publicidade
A información da instalación de servizos cumprirá coas normas sobre publicidade nas estradas da Comunidade Autónoma de Galicia que se indican no artigo 53 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 152 e 153 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
CAPÍTULO IV
Accesos a vivendas unifamiliares e predios agrícolas
Artigo 43. Ámbito de aplicación
Considéranse incluídos no ámbito de aplicación deste capítulo os accesos a estradas convencionais e vías de servizo para vivendas unifamiliares e predios agrícolas de uso privado e non empregados por unha colectividade, nos cales non se sitúe un establecemento destinado á contratación de bens ou servizos.
Artigo 44. Limitacións
As autorizacións de acceso estarán limitadas polas seguintes condicións:
a) Por restrición de acceso: non se autorizará o acceso ás estradas convencionais nas cales se restrinxisen os seus accesos mediante, por exemplo, a disposición de valado perimetral nas súas marxes
b) Pola existencia de vías de servizo: non se autorizará o acceso á calzada principal se o treito de estrada está dotado de vías de servizo; o acceso deberá conectarse ás vías de servizo.
c) Pola existencia de acceso alternativo: non se autorizará o acceso a estradas convencionais ou vías de servizo de titularidade autonómica ou provincial cando exista a posibilidade dun acceso alternativo á rede viaria a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido ou se dispoña xa dun acceso co mesmo uso que se solicita. Non se considerará que existe a posibilidade de acceso alternativo a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido, no caso de que este acceso alternativo supoña un empeoramento da seguridade viaria ou da funcionalidade global da rede de estradas.
d) Por razón de visibilidade, non se autorizará ningún acceso no cal non se cumpran, simultaneamente, as seguintes condicións:
1º. Todo acceso deberá dispoñer dunha visibilidade na estrada ou vía de servizo superior á distancia de parada para o carril e sentido de circulación da marxe en que se sitúa.
2º. No treito da estrada ou vía de servizo definido pola distancia de parada, existirá plena visibilidade para calquera vehículo situado no acceso, a unha distancia de tres metros (3 m) do bordo exterior da beiravía.
e) Por razón de distancias de seguridade, non se establecen limitacións pola distancia de seguridade dos accesos a vivendas unifamiliares e predios nas proximidades de conexións con outras estradas ou con outros accesos.
f) Pola proximidade a obras especiais: non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa estrada (figura 7) ou vía de servizo (figura 10), nin modificación do número de carrís, nos cincuenta metros (50 m), anteriores ou posteriores, do inicio e final dun treito afectado por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións e leitos de freada.
Artigo 45. Trazado en planta e alzado
1. O deseño en planta dos accesos formará un ángulo o máis perpendicular posible co eixe da calzada principal (figuras 16, 17, 18 e 19).
2. O deseño en planta do acceso deixará libre de obstáculos unha superficie de, cando menos, seis metros (6 m) medidos transversalmente ao eixe da calzada principal, desde a súa aresta exterior (figuras 16, 17, 18 e 19).
3. Se o acceso se produce en zona de terraplén da estrada ou vía de servizo, a pendente lonxitudinal máxima deste será do catro por cento (4 %), nunha lonxitude non inferior a cinco metros (5 m). Se o acceso se produce en zona de desmonte da estrada ou vía de servizo, o seu perfil lonxitudinal deseñarase en contrapendente mínima do dous por cento (2 %), de tal xeito que se garanta a correcta drenaxe da auga de escorrega que discorra pola vía secundaria, evitando a súa chegada á calzada da estrada ou vía de servizo (figuras 16, 17, 18 e 19).
Artigo 46. Sección transversal
1. Na súa intersección coa aresta exterior da calzada, o largo do acceso será de, como mínimo, oito metros e medio (8,5 m) no caso de accesos a vivendas unifamiliares (figuras 16 e 17) e de dez metros (10 m) no caso de accesos a predios agrícolas (figuras 18 e 19).
2. No sección situada a seis metros (6 m) da aresta exterior da calzada, o largo do acceso será de, como mínimo, dous metros e medio (2,5 m) no caso de accesos a vivendas unifamiliares (figuras 16 e 17) e de tres metros (3 m) no caso de accesos a predios agrícolas (figuras 18 e 19).
3. En cada sección intermedia, o largo do acceso será igual ou superior ao que resultaría de aplicar unha redución lineal entre os valores indicados nos puntos anteriores (figuras 16, 17, 18 e 19).
Artigo 47. Portas e cambio de sentido
1. As portas que se dispoñan no acceso non abrirán en ningún caso cara á estrada e situaranse fóra das zonas de dominio público e de servidume, e a unha distancia non inferior a seis metros (6 m) da aresta exterior da calzada (figuras 16, 17, 18 e 19).
2. As manobras de cambio de sentido dos vehículos deberán poder realizarse, preferentemente, no acceso ou na propia parcela a que se accede, sen invadir a zona de circulación da estrada ou vía de servizo.
Artigo 48. Drenaxe
1. En xeral, e especialmente cando o elemento de drenaxe lonxitudinal da calzada da estrada ou vía de servizo estea constituído por unha cuneta tendida, promoverase o mantemento da súa continuidade como cuneta rebasable, revestido con dez centímetros (10 cm) de formigón, cunha pendente mínima de 1V/6H en cada un dos planos que a forman e recomendable 1V/8H, cun largo mínimo de tres metros (3 m) e cunha profundidade equivalente á da cuneta nos treitos adxacentes (figuras 16 e 18).
2. Cando non sexa posible manter a continuidade da drenaxe lonxitudinal da calzada da estrada ou vía de servizo mediante unha cuneta rebasable, deberase garantir mediante conducións (figuras 19 e 21) de dimensións suficientes. Se a lonxitude destas resulta superior a oito metros (8 m), disporanse tantas arquetas de rexistro intermedias como sexa necesario para facilitar a limpeza da condución, de tal xeito que ningún treito presente unha lonxitude superior a aquela.
No caso de que o elemento de drenaxe lonxitudinal da calzada da estrada ou vía de servizo estea constituído por unha cuneta e, para manter a súa continuidade, sexa necesario cubrila dalgún xeito (mediante conducións, reixas ou lousas, por exemplo), as súas embocaduras cubriranse mediante reixas inclinadas (figuras 19 e 21) cunha pendente máxima de trinta graos (30º).
3. En todo caso, non se interferirá a drenaxe superficial ou profunda da estrada ou vía de servizo e impedirase a chegada de augas de escorrega desde o acceso á calzada. Excepcionalmente, se for preciso, disporanse embornais ou reixas corridas no acceso.
Artigo 49. Firme
Agás no caso de accesos a vías de servizo non pavimentadas, o acceso afirmarase en toda a súa largura e nunha lonxitude superior a seis metros (6 m), que se medirá desde a aresta exterior da calzada da estrada ou vía de servizo. O pavimento estará constituído por mestura bituminosa, formigón ou un tratamento superficial mediante rega con grava bicapa.
Artigo 50. Sinalización
As marcas viarias realizaranse conforme o establecido na Norma 8.2-IC de Marcas viarias da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa.
CAPÍTULO V
Accesos a outras propiedades
Artigo 51. Ámbito de aplicación
1. Considéranse incluídos no ámbito de aplicación deste capítulo os accesos a todos aqueles edificios, vivendas, explotacións agrícolas e predios públicos ou privados non incluídos noutros capítulos desta orde, a estradas convencionais e vías de servizo.
2. Entre os accesos incluídos no ámbito de aplicación deste capítulo diferéncianse:
a) Accesos a propiedades de uso residencial.
b) Accesos ao resto de propiedades.
3. Considéranse accesos a propiedades de uso residencial os de todas aquelas propiedades cuxo uso principal sexa o residencial e non se atopen incluídos noutro capítulo desta orde.
Principalmente, teñen esta consideración os accesos a edificios en réxime de propiedade horizontal destinados fundamentalmente ao uso residencial, que poden ter ou non varios usos secundarios, tanto na súa planta baixa como nas superiores.
4. Considéranse accesos ao resto de propiedades incluídas no ámbito de aplicación deste capítulo os de todos aqueles edificios, vivendas, explotacións agrícolas e predios públicos ou privados non incluídos noutros capítulos desta orde, agás no caso de que o seu uso principal sexa o residencial.
Artigo 52. Limitacións
As autorizacións de acceso estarán limitadas polas seguintes condicións:
a) Por restrición de acceso: non se autorizará o acceso ás estradas convencionais nas cales se restrinxisen os seus accesos mediante, por exemplo, a disposición de valado perimetral nas súas marxes.
b) Pola existencia de vías de servizo: non se autorizará o acceso á calzada principal se o treito de estrada está dotado de vías de servizo; o acceso deberá conectarse ás vías de servizo.
c) Pola existencia de acceso alternativo: non se autorizará o acceso a estradas convencionais ou vías de servizo de titularidade autonómica ou provincial cando exista a posibilidade dun acceso alternativo á rede viaria a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido ou se dispoña xa dun acceso co mesmo uso que se solicita. Non se considerará que existe a posibilidade de acceso alternativo a través de calquera outra vía pública de titularidade dunha Administración de ámbito territorial máis restrinxido, no caso de que este acceso alternativo supoña un empeoramento da seguridade viaria ou da funcionalidade global da rede de estradas.
d) Por razón de visibilidade, non se autorizará ningún acceso no cal non se cumpran, simultaneamente, as seguintes condicións:
1º. Todo acceso deberá dispoñer dunha visibilidade na estrada ou vía de servizo superior á distancia de parada para o carril e sentido de circulación da marxe en que se sitúa.
2º. No treito da estrada ou vía de servizo definido pola distancia de parada, existirá plena visibilidade para calquera vehículo situado no acceso, a unha distancia de tres metros (3 m) do bordo exterior da beiravía.
e) Por razón de distancias de seguridade:
1º. Aos accesos doutras propiedades que, segundo o disposto no artigo 53, requiran a disposición de carrís ou cuñas de cambio de velocidade dunha lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m), aplicaránselles as mesmas limitacións que se lles impoñen aos accesos de instalacións de servizo nos puntos 1, 2, 3 e 4 dos artigos 31 e 32, segundo se sitúen en estradas convencionais (figura 5) ou vías de servizo (figura 8), respectivamente.
2º. Para o resto dos casos de accesos doutras propiedades que non requiran a disposición de carril ou cuña de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m), non se establecen limitacións por razón de distancias de seguridade a outros accesos ou conexións.
f) Pola proximidade a obras especiais: non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa estrada, nin modificación do número de carrís, antes ou despois do inicio e final dun treito afectado por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións e leitos de freada, nunha distancia de:
1º. Douscentos metros (200 m), no caso de que o acceso se realice nunha estrada e requira a disposición de carrís ou cuñas de cambio de velocidade de lonxitude igual ou maior de trinta metros (30 m) (figura 6).
2º. Cincuenta metros (50 m), no resto dos casos (figura 7).
No caso de conexións cunha vía de servizo, non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa vía de servizo, nin modificación do número de carrís, nos cincuenta metros (50 m), anteriores ou posteriores, do inicio e final dun treito afectado por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións e leitos de freada (figuras 9 e 10).
Artigo 53. Disposición dos accesos
1. Os accesos a outras propiedades deberán deseñarse de xeito que os vehículos que accedan non cheguen a acumularse e produzan afección á circulación da vía principal.
2. Dispoñeranse carrís de cambio de velocidade:
a) Nos treitos de estrada ou vía de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa igual ou superior a oitenta quilómetros por hora (80 km/h) e, simultaneamente, a intensidade media diaria de circulación sexa superior a cinco mil (5.000) vehículos ao día, agás que se trate de accesos a edificios residenciais ou pequenos establecementos empresariais ou establecementos comerciais de ata 1.500 m2.
b) Independentemente da velocidade legal e da intensidade media de circulación, nos accesos de hospitais, establecementos comerciais cunha superficie comercial igual ou superior a dez mil metros cadrados (10.000 m2), instalacións en que se dispoñan máis de cincocentas (500) prazas de aparcamento ou outras instalacións similares con afluencia continuada de gran cantidade de vehículos lixeiros ou pesados.
c) Independentemente da velocidade legal e da intensidade media de circulación, nos accesos de instalacións que deban ser empregados por transportes especiais ou de mercadorías perigosas.
3. Dispoñeranse cuñas de cambio de velocidade:
a) Nos treitos de estrada ou vía de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa igual ou superior a oitenta quilómetros por hora (80 km/h) e, simultaneamente, a intensidade media diaria de circulación sexa superior a cinco mil (5.000) vehículos ao día, cando se trate de accesos a edificios residenciais ou pequenos establecementos empresariais ou establecementos comerciais de ata 1.500 m2.
b) Nos treitos de estrada ou vía de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa superior a cincuenta quilómetros por hora (50 km/h) ou nos cales a intensidade media diaria de circulación sexa superior a tres mil (3.000) vehículos ao día, agás que se trate de accesos a edificios residenciais ou pequenos establecementos empresariais ou establecementos comerciais de ata 1.500 m2 ou daqueles nos cales, por razón da velocidade legal, da intensidade media de circulación ou do seu uso, sexan precisos carrís de cambio de velocidade.
c) Nos seguintes casos: accesos de centros de saúde, tanatorios, establecementos comerciais cunha superficie comercial superior a 1.500 m2 e inferior a 10.000 m2, centros educativos ou empresas con máis de douscentos (200) traballadores, instalacións en que se dispoñan máis de cen (100) prazas de aparcamento ou outras instalacións similares con afluencia esporádica de gran cantidade de vehículos lixeiros ou continuada dunha cantidade significativa de vehículos pesados, agás que por razón da velocidade legal ou da intensidade media de circulación sexan precisos carrís de cambio de velocidade.
4. Non será preciso dispoñer carrís nin cuñas de cambio de velocidade (figuras 20 e 21):
a) Nos treitos de estrada ou vía de servizo en que a velocidade legal de circulación sexa igual ou inferior a cincuenta quilómetros por hora (50 km/h) e, simultaneamente, a intensidade media diaria de circulación sexa igual ou inferior a tres mil (3.000) vehículos ao día, agás que, polo uso a que se destine o acceso, sexan precisos carrís ou cuñas de cambio de velocidade.
b) Accesos a edificios residenciais ou pequenos establecementos empresariais ou establecementos comerciais de ata 1.500 m2, agás que por razón da velocidade legal ou da intensidade media de circulación sexan precisas cuñas de cambio de velocidade.
5. Os accesos a outras propiedades poderanse realizar a través de glorietas, sempre que queden garantidos os condicionantes xeométricos da nova conexión na glorieta e as condicións óptimas de circulación e de seguridade viaria. A Administración titular da estrada indicará o procedemento para establecer estes condicionantes.
Artigo 54. Trazado en planta e alzado
1. O deseño en planta dos accesos formará un ángulo o máis perpendicular posible co eixe da calzada principal.
2. O deseño en planta do acceso deixará libre de obstáculos unha superficie mínima de dez metros (10 m), medidos transversalmente ao eixe da calzada principal desde a aresta exterior da calzada (figuras 20 e 21).
3. Se o acceso se produce en zona de terraplén da estrada ou vía de servizo, a pendente lonxitudinal máxima deste será do catro por cento (4 %), nunha lonxitude non inferior a cinco metros (5 m). Se o acceso se produce en zona de desmonte da estrada ou vía de servizo, o seu perfil lonxitudinal deseñarase en contrapendente mínima do dous por cento (2 %), de tal xeito que se garanta a correcta drenaxe da auga de escorrega que discorra pola vía secundaria, evitando a súa chegada á calzada da estrada ou vía de servizo.
4. Se o acceso se realiza sobre os carrís ou cuñas de cambio de velocidade doutro acceso existente, conectaranse ambos dun dos seguintes xeitos:
a) Mediante un carril de trenzado, deseñado de tal xeito que as cuñas ou carrís de cambio de velocidade entre o carril de trenzado e a calzada a que se acceda conten, cando menos, coas dimensións máximas que resulten de comparar as do acceso existente coas mínimas esixibles ao acceso para o cal se solicita a autorización.
b) Mediante unha vía de servizo.
Artigo 55. Sección transversal
1. O largo do acceso na súa intersección coa aresta exterior da calzada medirá, como mínimo, vinte e dous metros (22 m) (figuras 20 e 21).
2. Na sección situada a dez metros (10 m) da aresta exterior da calzada, o largo do acceso medirá, como mínimo, catro metros (4 m) (figuras 20 e 21).
3. En cada sección intermedia, o largo do acceso será igual ou superior ao que resultaría de aplicar unha redución lineal entre os valores indicados nos puntos anteriores (figuras 20 e 21).
Artigo 56. Portas e cambio de sentido
1. As portas que se dispoñan no acceso non abrirán en ningún caso cara á estrada e situaranse fóra das zonas de dominio público e de servidume a unha distancia superior a dez metros (10 m) da aresta exterior da calzada.
2. As manobras de cambio de sentido dos vehículos deberán poder realizarse preferentemente, no acceso ou na propia parcela a que se accede, sen invadir a zona de circulación da estrada ou vía de servizo.
Artigo 57. Drenaxe
1. A continuidade da drenaxe na zona afectada polo acceso que se vaia realizar garantirase mediante conducións de dimensións suficientes. Se a lonxitude destas resulta superior a oito metros (8 m), disporanse tantas arquetas de rexistro intermedias como sexa necesario para facilitar a limpeza da condución, de tal xeito que ningún treito presente unha lonxitude superior a aquela.
No caso de que o elemento de drenaxe lonxitudinal da calzada da estrada ou vía de servizo estea constituído por unha cuneta e, para manter a súa continuidade, sexa necesario cubrila dalgún xeito (mediante conducións, reixas ou lousas ou similares), as súas embocaduras cubriranse mediante reixas inclinadas cunha pendente máxima de trinta graos (30º).
2. En todo caso, non se interferirá a drenaxe superficial ou profunda da estrada ou vía de servizo e impedirase a chegada de augas de escorrega desde o acceso á calzada. Excepcionalmente, se for preciso, disporanse embornais ou reixas corridas no acceso.
Artigo 58. Firme
Agás no caso de accesos a vías de servizo non pavimentadas, o acceso afirmarase en toda a súa largura e nunha lonxitude non inferior a dez metros (10 m), que se medirá desde a aresta exterior da calzada da estrada ou vía de servizo. O pavimento estará constituído por mestura bituminosa ou formigón.
Afirmaranse tamén, en toda a súa lonxitude e largura, os carrís ou cuñas de cambio de velocidade que formen parte do acceso, de acordo coa Norma 6.1-IC de Seccións de firme da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa, e cun pavimento executado cun tipo de material análogo ao empregado na calzada a que se acceda.
Artigo 59. Sinalización
A sinalización vertical axustarase á Norma 8.1-IC de Sinalización vertical da Instrución de estradas e ao Catálogo de sinais de circulación da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, ou disposicións análogas que os substitúan.
As marcas viarias realizaranse conforme o establecido na Norma 8.2-IC de Marcas viarias da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa.
TÍTULO IV
VÍAS DE SERVIZO
CAPÍTULO I
Condicións xerais
Artigo 60. Obxecto das vías de servizo
Construiranse vías de servizo para levar a cabo a reordenación de accesos existentes, para asegurar a continuidade do percorrido aos vehículos non automóbiles cando non sexa suficiente para iso a rede de vías públicas no itinerario servido pola estrada ou cando sexan necesarias por razóns de distancias de seguridade entre accesos consecutivos.
Artigo 61. Consideración e clasificación das vías de servizo
1. Polas súas características, as vías de servizo son elementos funcionais das estradas, polo que non teñen a consideración de estradas.
Non obstante, as estradas poden facer simultaneamente a función de vías de servizo, caso en que prevalecerá a súa condición de estrada sobre a de vía de servizo.
En particular, terán a consideración de estradas, e non de vías de servizo, os treitos das calzadas paralelas á calzada principal da estrada a través das cales se conecten con ela outras vías públicas que teñan a consideración de estradas, por estaren incorporadas aos catálogos de estradas das súas respectivas administracións titulares.
2. Naqueles casos en que as vías de servizo teñan tamén como función servir como ramal de enlace ou intersección, considerarase que prevalece esta segunda función nos treitos da vía próximos ás súas conexións con outras vías ou coa calzada principal nunha distancia de cincuenta metros (50 m), contados a partir do final do carril de deceleración ou, de ser o caso, antes do comezo do carril de aceleración.
3. As vías de servizo poden ser unidireccionais ou bidireccionais.
Artigo 62. Vías de servizo nos estudos e proxectos de estradas
En todos os estudos e proxectos de novas estradas, duplicacións de calzada, acondicionamentos, alargamentos da plataforma ou ordenación de accesos que se redacten incluiranse as vías de servizo que se consideren necesarias, aplicando os preceptos desta orde. O deseño destas vías de servizo debe garantir a ordenación dos accesos existentes e a continuidade do percorrido para os vehículos cuxa circulación pola estrada principal se atope limitada (tales como tractores, maquinaria agrícola, ciclomotores, bicicletas ou similares).
Artigo 63. Contribucións especiais
1. Poderán imporse contribucións especiais cando da execución das obras que se realicen para a construción de vías de servizo resulte a obtención por persoas físicas ou xurídicas dun beneficio especial, aínda que esta non poida fixarse nunha cantidade concreta.
2. A base impoñible estará constituída polo custo total das obras, incluídos, se é o caso, todos os custos adicionais inherentes á súa execución e, en particular, o custo das expropiacións e indemnizacións que deban realizarse.
3. A base liquidable determinarase como unha porcentaxe da base impoñible ata un máximo do cincuenta por cen (50 %) daquela.
4. Para a determinación da cota tributaria entre os suxeitos pasivos aplicarase o disposto no artigo 32 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
Artigo 64. Carácter demanial das vías de servizo
Os terreos ocupados polas vías de servizo, como elementos funcionais da estrada, forman parte do dominio público viario.
A natureza de dominio público viario dos terreos ocupados polas vías de servizo prevalecerá sobre as zonas de protección da estrada onde se superpoñan.
Os proxectos de novas estradas, duplicacións de calzada, acondicionamentos, alargamentos da plataforma ou ordenación de accesos que se redacten comprenderán a expropiación dos terreos que vaian ocupar as vías de servizo.
Artigo 65. Zonas de protección e liña límite de edificación
As vías de servizo, como elementos funcionais das estradas, darán lugar ao establecemento das zonas de protección e da liña límite de edificación, nos termos previstos para eles na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
Artigo 66. Planificación, proxección, construción e explotación
A planificación, proxección, construción e explotación das vías de servizo é competencia das respectivas administracións titulares das estradas a que serven. Polo tanto, só poderán construírse aquelas vías de servizo previstas en estudos ou proxectos aprobados definitivamente por aquelas ou as que aquelas autoricen como parte dos expedientes de autorización de acceso incoados por instancia das persoas particulares interesadas.
As características e o deseño das vías de servizo establécense no capítulo II deste título. Nos aspectos non expresamente regulados será de aplicación a normativa técnica xeral aplicable aos proxectos de estradas
CAPÍTULO II
Características e deseño
Artigo 67. Trazado
1. O trazado dunha vía de servizo, tanto en planta como en alzado, deberá discorrer aproximadamente paralelo ao da estrada ou calzada principal contigua, agás que outras consideracións aconsellen desvinculalo da explanación destas e cinguilo en maior grao ao terreo lindeiro. Deberá considerarse a posibilidade de aproveitar camiños existentes, aínda que non discorran contiguos á estrada ou calzada principal, sempre que non se deixe sen acceso propiedades ou predios lindeiros.
2. A largura da franxa comprendida entre a vía de servizo e a estrada ou calzada principal deberá permitir a ampliación futura dos carrís destas últimas.
3. As características do trazado, tanto en planta como en alzado, non deberán ser inferiores ás seguintes:
a) Se o tráfico predominante é de vehículos automóbiles, o trazado da vía de servizo deseñarase cumprindo, agás xustificación en contrario, os criterios establecidos nas epígrafes da Norma 3.1-IC de Trazado da instrución de estradas con carácter excepcional para estradas convencionais de tipo C-40. Polo tanto, o raio mínimo será de cincuenta metros (50 m) e a inclinación da rasante será inferior ao dez por cento (10 %).
b) Se o tráfico predominante na vía de servizo é de tractores, maquinaria agrícola ou outros vehículos non automóbiles, o raio mínimo das aliñacións curvas será de vinte e cinco metros (25 m) e a inclinación da rasante fixarase tendo en conta a intensidade de circulación e o tipo de vehículos agrícolas que se prevé que circulen pola vía de servizo, ben que será inferior ao quince por cento (15 %). Recoméndase que no mesmo trazado o raio mínimo non coincida coa inclinación máxima da rasante.
4. No caso dunha vía de servizo bidireccional, as súas conexións coa calzada principal deseñaranse de xeito que se garanta unha correcta interpretación do réxime de prioridades de circulación, especialmente cando esta corresponda aos vehículos que, saíndo da calzada principal, se incorporen á vía de servizo interceptando a traxectoria dos que circulan en sentido contrario por esta última.
Artigo 68. Sección transversal
1. As vías de servizo en que se prevexa que o tráfico predominante sexa de vehículos automóbiles cumprirán as seguintes prescricións, con respecto á súa sección transversal (figura 22):
a) No caso de vías de servizo bidireccionais, terán normalmente unha plataforma de sete metros (7 m) con calzada de seis metros (6 m) e senllas beiravías de medio metro (0,5 m) a cada lado.
b) No caso de vías de servizo unidireccionais, terán normalmente unha plataforma de cinco metros (5 m) con calzada de catro metros (4 m) e senllas beiravías de medio metro (0,5 m) a cada lado.
2. As vías de servizo cuxo tráfico predominante se prevexa que vaia ser de carácter agrícola terán normalmente unha plataforma de cinco metros (5 m) sen beiravías (figura 22), ben que debe dispoñerse de treitos que permitan o eventual cruzamento de maquinaria agrícola.
3. Nos treitos en que se prevexa que a existencia de vehículos estacionados vaia ser frecuente ou prolongada deberán adoptarse medidas especiais, tales como alargar a beiravía dereita ata os dous metros (2 m) ou establecer unha franxa lonxitudinal para estacionamento dos vehículos en liña (figura 22).
4. As vías de servizo presentarán unha separación física con respecto á calzada principal, respectando as dimensións das beiravías de ambas, e mantendo unha separación mínima dun metro (1 m) entre os bordos exteriores das súas respectivas beiravías (figura 22).
A separación física entre a vía de servizo e a calzada principal poderá adoptar algunha das seguintes configuracións:
a) Dúas liñas de bordos montables, con formigón entre elas e balizas H-75.
b) Dúas liñas de bordos montables, con vexetación entre elas.
c) Barreira de contención de vehículos de formigón.
Artigo 69. Gálibo
A altura mínima ou gálibo sobre calquera punto da plataforma da vía de servizo non será inferior a cinco metros (5 m).
Artigo 70. Drenaxe
1. Sempre que sexa posible aplicarase a Orde FOM/298/2016, do 15 de febreiro, pola que se aproba a Norma 5.2-IC Drenaxe superficial da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa.
2. As cunetas terán un largo mínimo dun metro e medio (1,5 m) co fin de permitir a eventual necesidade de ampliar a calzada da vía de servizo cun carril máis. Normalmente, non se revestirán as ditas cunetas.
En todo caso, as cunetas deseñaranse, preferentemente, con seccións de seguridade.
3. A drenaxe lonxitudinal da vía de servizo será, preferentemente, independente da propia da estrada ou calzada principal.
No caso de que para a drenaxe da vía de servizo se empreguen elementos do sistema de drenaxe propia da estrada ou calzada principal, deberase xustificar adecuadamente que a súa capacidade é suficiente.
4. Nas vías de servizo en que se prevexa que o tráfico predominante será de carácter agrícola, poderán empregarse lombos.
Artigo 71. Firme
1. As vías de servizo en que se prevexa que o tráfico predominante sexa de vehículos automóbiles afirmaranse segundo a Norma 6.1-IC de Seccións de firme da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa.
Recoméndase o emprego de pavimentos a base de tratamentos superficiais mediante regos con grava miúda sobre capas granulares para categorías de tráfico pesado T4 e T32, xustificando para esta última o dimensionamento adoptado.
2. As vías de servizo de nova construción en que se prevexa que o tráfico predominante sexa de carácter agrícola pavimentaranse cando pola súa proximidade á estrada ou calzada principal se poidan producir emisións de po. O afirmado consistirá nunha capa de quince centímetros (15 cm), como mínimo, de solo estabilizado in situ, ou de trinta centímetros (30 cm) como mínimo de saburras artificiais ou materiais similares, que se asentará sobre outra capa de trinta centímetros (30 cm), como mínimo, de solo adecuado.
Como pavimento aplicarase un simple tratamento superficial ou un microaglomerado en frío e, en casos xustificados, un dobre tratamento superficial.
Artigo 72. Sistemas de contención
Adoptaranse as medidas oportunas para evitar a irrupción de vehículos desde a estrada ou calzada principal á vía de servizo e viceversa, para o cal se aplicarán as recomendacións vixentes en cada momento en materia de sistemas de contención de vehículos.
Artigo 73. Sinalización
1. As vías de servizo, agás que sexan de carácter agrícola e, polo tanto, o seu tráfico predominante sexa de tractores e maquinaria agrícola, sinalizaranse segundo as Normas 8.1-IC, sinalización vertical e 8.2-IC, marcas viarias da Instrución de estradas e o Catálogo de sinais de circulación da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento ou disposicións análogas que as substitúan.
2. Antes de acceder á entrada nunha autoestrada, autovía ou vía para automóbiles sinalizaranse as prohibicións de paso a determinados vehículos (tales como tractores, ciclomotores ou outros), que non poidan circular por aquelas.
Artigo 74. Pantalla anticegamento
Cando as vías de servizo bidireccionais discorran contiguas á estrada ou calzada principal, disporase entre elas unha pantalla anticegamento, que poderá ser vexetal.
CAPÍTULO III
Conexións coas estradas
Sección 1ª. Conexións con autoestradas, autovías e vías para automóbiles
Artigo 75. Criterios de conexión con autoestradas
No caso de autoestradas, a conexión das vías de servizo coas calzadas principais farase, exclusivamente, a través dos enlaces.
Artigo 76. Criterios de conexión con autovías e vías para automóbiles
No caso de autovías e vías para automóbiles, a conexión das vías de servizo coas calzadas principais farase, polo xeral, a través dos enlaces, agás casos excepcionais debidamente xustificados e recollidos na Norma 3.1-IC de Trazado da Instrución de estradas.
As vías de servizo, en calquera caso, non poderán conectar cos ramais dos enlaces nin coas vías colectoras-distribuidoras, aínda que poderán confluír ou diverxer destes elementos.
Artigo 77. Distancias de seguridade
Naqueles casos en que se aproben excepcións á regra xeral, de que a conexión das vías de servizo coas calzadas principais de autovías e vías para automóbiles se efectúe a través dos enlaces, as distancias de seguridade entre entradas e saídas consecutivas ás calzadas principais, medidas entre as seccións características de carrís de cambio de velocidade de que en todo caso estarán dotadas, serán as establecidas na Norma 3.1-IC de Trazado da Instrución de estradas ou na epígrafe equivalente da disposición análoga que a substitúa.
No caso de que non sexa posible cumprir esas distancias, poderase proceder como se indica na citada Norma 3.1-IC ou na epígrafe equivalente da disposición análoga que a substitúa, no sentido de dispor carrís de trenzado ou vías colectoras-distribuidoras, sempre que se verifiquen as distancias de seguridade que, neses casos, se establecen nesa epígrafe.
Artigo 78. Características das conexións
1. Disporanse carrís de cambio de velocidade nas conexións entre as autovías e vías para automóbiles e as súas vías de servizo, independentemente da existencia ou non de carrís adicionais nas calzadas principais, para facilitar os movementos de entrada e saída dos vehículos. Os carrís de cambio de velocidade estarán dotados do mesmo firme que a calzada principal.
2. As dimensións dos carrís de cambio de velocidade e das súas cuñas de transición serán as indicadas na Norma 3.1-IC ou na epígrafe equivalente da disposición análoga que a substitúa. Os carrís de deceleración serán sempre de tipo paralelo.
3. Non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa estrada, nin modificación do número de carrís, nos douscentos metros (200 m), anteriores ou posteriores, do inicio e final dun treito da estrada afectado en toda a súa lonxitude por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións, carrís adicionais para a circulación de vehículos rápidos ou lentos e leitos de freada.
4. Non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa estrada, nin modificación do número de carrís, nos cincuenta metros (50 m), anteriores ou posteriores, do inicio e final dun treito da vía de servizo afectado en toda a súa lonxitude por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións, carrís adicionais para a circulación de vehículos rápidos ou lentos e leitos de freada.
5. As saídas e entradas da calzada principal sinalizaranse e balizaranse de acordo coa normativa vixente para estes elementos.
Sección 2ª. Conexión con estradas convencionais
Artigo 79. Criterios de conexión con estradas convencionais
No caso de estradas convencionais, a conexión das vías de servizo coas calzadas principais farase, polo xeral, a través das interseccións ou enlaces, agás casos excepcionais debidamente xustificados.
As vías de servizo, en calquera caso, non poderán conectar cos ramais dos enlaces nin coas vías colectoras-distribuidoras, aínda que poderán confluír ou diverxer destes elementos.
Artigo 80. Distancias de seguridade entre conexións das vías de servizo
Cando a conexión das vías de servizo coas calzadas principais de estradas convencionais non se poida realizar a través de interseccións ou enlaces, non se autorizará a súa conexión nas proximidades de conexións con outras vías de servizo ou con outras estradas mediante enlaces ou interseccións, na mesma marxe da estrada, cando a distancia entre a conexión e a sección característica máis próxima do elemento consecutivo de incorporación ou saída ao carril principal do tronco da conexión adxacente sexa inferior ás establecidas na Norma 3.1-IC de Trazado da Instrución de estradas ou na epígrafe equivalente da disposición análoga que a substitúa.
Artigo 81. Características das conexións das vías de servizo
1. Dispoñeranse carrís de cambio de velocidade nos treitos en que a velocidade legal de circulación na estrada sexa igual ou superior a oitenta quilómetros por hora (80 km/h).
2. Dispoñeranse cuñas de cambio de velocidade nos treitos en que a velocidade legal de circulación na estrada sexa inferior a oitenta quilómetros por hora (80 km/h).
3. As dimensións dos carrís ou cuñas de cambio de velocidade serán as indicadas no capítulo I do título III desta orde.
4. Non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa estrada, nin modificación do número de carrís, nos douscentos metros (200 m), anteriores ou posteriores, do inicio e final dun treito da estrada afectado en toda a súa lonxitude por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións, carrís adicionais para a circulación de vehículos rápidos ou lentos e leitos de freada.
5. Non se poderá realizar ningún tipo de conexión coa estrada, nin modificación do número de carrís, nos cincuenta metros (50 m), anteriores ou posteriores, do inicio e final dun treito da vía de servizo afectado en toda a súa lonxitude por unha das seccións transversais especiais seguintes: túneles, obras de paso de lonxitude superior a cen metros (100 m), confluencias e bifurcacións, carrís adicionais para a circulación de vehículos rápidos ou lentos e leitos de freada.
6. As saídas e entradas da calzada principal sinalizaranse e balizaranse de acordo coa normativa vixente para estes elementos.
TÍTULO V
AUTORIZACIÓNS DE ACCESO
CAPÍTULO I
Outorgamento de autorizacións
Artigo 82. Réxime xeral
O establecemento de novos accesos, o cambio de uso e a reordenación dun acceso existente como consecuencia da solicitude dun novo acceso está suxeita á autorización previa da Administración titular da estrada, agás cando sexan executados por esta. O outorgamento das autorizacións réxese polo disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, sen prexuízo das especificacións que para os procedementos tramitados pola Administración da Comunidade Autónoma se establecen neste capítulo
Artigo 83. Consulta previa sobre viabilidade de autorizacións
1. Con carácter previo á solicitude de autorización, as persoas interesadas poderán consultar a Administración titular da estrada sobre a viabilidade da actuación pretendida, así como obter información e orientación sobre os requisitos técnicos e xurídicos que as disposicións vixentes lle impoñan.
2. A consulta previa realizarase mediante a presentación dunha solicitude dirixida á Axencia Galega de Infraestruturas e axustada ao modelo normalizado que se inclúe no anexo VI desta orde, que ten como código de procedemento IF205C, na forma e no lugar indicados no artigo 85.
3. A persoa interesada deberá achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) De ser o caso, da representación da persoa que actúe no nome da persoa física ou xurídica ou entidade solicitante. A representación poderá acreditarse por calquera medio válido en dereito.
b) Unha descrición e representación gráfica suficientemente precisas da actuación que se pretende realizar e os datos necesarios para a súa correcta localización
4. Os informes derivados de consultas previas teñen unha validez dun (1) ano, sempre e cando non se modifiquen as condicións da estrada pola aprobación ou modificación do Plan director de estradas de Galicia, do Plan sectorial de estradas da Administración titular ou dun estudo ou proxecto específico, circunstancias todas elas que o deixarán sen efecto.
Artigo 84. Inicio do procedemento de autorización
O procedemento de outorgamento de autorizacións para o establecemento de novos accesos, cambio de uso e reordenación dun acceso existente como consecuencia da solicitude dun novo acceso iniciarase coa presentación dunha solicitude dirixida á Axencia Galega de Infraestruturas e axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo VII desta orde, que ten como código de procedemento IF205D, á cal se xuntarán os documentos que se especifican no artigo 86. Na solicitude deberá indicarse o uso a que se pretende destinar o acceso.
Artigo 85. Forma e lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 86. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento IF205D
1. Os proxectos de accesos deberán ter en conta os plans e proxectos para a construción, ampliación ou modificación de estradas ou vías de servizo aprobados, cando menos a nivel de proxecto de trazado, polo organismo titular da estrada, na zona onde se pretende construír o acceso.
2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) De ser o caso, representación da persoa que actúe no nome da persoa física ou xurídica ou entidade solicitante. A representación poderá acreditarse por calquera medio válido en dereito.
b) Memoria explicativa, no caso de accesos a vivendas unifamiliares e predios agrícolas e accesos a outras propiedades que non necesiten nin cuñas nin carrís de cambio de velocidade. A memoria deberá indicar a situación, as medidas e os materiais en que se pretende executar, así como as medidas de sinalización e balizamento que teña que adoptar para garantir a seguridade viaria, en caso de afectar a calzada da estrada ou as súas beiravías.
c) No resto dos casos, proxecto do acceso, subscrito por persoal técnico competente para a redacción de proxectos de estradas, que deberá incluír os seguintes documentos:
1º. Memoria descritiva e xustificativa cos anexos necesarios, que deberá conter os seguintes aspectos:
– Definición das características da obra.
– Indicación do uso a que se destinará o acceso.
– Estudo de tráfico que recolla a repercusión na rede da actuación que se pretende promover.
– Xustificación do cumprimento desta orde, en especial no referente á tipoloxía deseñada para o acceso e o cumprimento das dimensións, distancias de seguridade e visibilidades exixidas.
– Programa de execución dos traballos, con detalle das distintas fases de realización e o prazo destes.
2º. Planos que, como mínimo, serán os seguintes:
– Situación, á escala conveniente (preferentemente entre 1:50.000 ou 1:25.000), identificando as estradas e vías de servizo afectadas.
– Planta, con escala mínima 1:1.000, con acotación das lonxitudes e larguras características dos elementos deseñados como parte do acceso (carrís ou cuñas de cambio de velocidade, carrís centrais de espera ou resto de elementos).
– Perfís lonxitudinais e transversais cada vinte metros (20 m), a escalas axeitadas, con indicación das cotas e peraltes con que se deseña o acceso.
– Seccións tipo, a escala mínima 1:100, debidamente acoutadas, definindo as reposicións de firmes e a drenaxe superficial das augas de escorrega.
3º. Prego de prescricións técnicas.
4º. Orzamento.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 87. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou, de ser o caso, número de identificación fiscal (en diante, NIF) da persoa ou entidade solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 88. Emenda e mellora da solicitude
De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistida na súa petición, logo da correspondente resolución.
Artigo 89. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.
2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.
4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 90. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
CAPÍTULO II
Efectos das autorizacións
Artigo 91. Efectos das autorizacións
1. As autorizacións de acceso serán independentes das autorizacións correspondentes ás edificacións, urbanizacións ou instalacións que se executen ou pretendan executar nos predios situados nas marxes das estradas e vías de servizo.
2. A autorización do acceso a un determinado predio non implicará a autorización para a execución das edificacións, urbanizacións ou instalacións que existan ou se pretendan executar no dito predio.
3. A autorización para a execución de edificacións, urbanizacións ou instalacións nun determinado predio non implicará, de ningún xeito, a autorización para o acceso desde a estrada ou vía de servizo ao dito predio.
Artigo 92. Compatibilidade na utilización de accesos
O uso dun acceso autorizado non implicará exclusividade en ningún caso. A Administración titular da estrada poderá impor as limitacións de uso e os condicionamentos que considere necesarios para o interese público e a seguridade viaria, incluída a compatibilidade ou extensión a outros usuarios.
Neste caso, a persoa solicitante do novo acceso procederá á reordenación dos accesos existentes que sexan afectados polas obras do acceso.
Artigo 93. Conservación e mantemento
Serán obrigacións da persoa titular da autorización as seguintes:
a) A conservación, o mantemento e a permanente limpeza do acceso e, en particular, dos seus elementos de drenaxe, ao seu cargo, incluso na parte incorporada ao dominio público viario.
A Administración titular da estrada, a través do servizo competente en materia de estradas dentro do seu ámbito territorial respectivo, poderá inspeccionar en todo momento o estado de conservación do acceso e sinalará as reparacións que deban realizarse, quedando obrigado o titular da autorización a executalas no prazo que se lle sinale.
b) Conservar a autorización e presentala cando así llo exixa o persoal do servizo competente en materia de estradas.
c) No caso de que as condicións de mantemento de certos elementos do acceso poidan afectar as propias da estrada, a súa Administración titular poderá asumir o mantemento deses elementos por conta da persoa solicitante.
Artigo 94. Prohibicións
Ademais das prohibicións establecidas na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, no seu regulamento e nesta orde, a persoa titular da autorización non poderá:
a) Interceptar en ningún momento os desaugadoiros da estrada ou vía de servizo.
b) Verter as augas residuais ás cunetas ou marxes da estrada ou vía de servizo.
c) Depositar materiais ou refugallos na explanación, cunetas ou marxes da estrada ou vía de servizo.
d) Realizar modificacións ou ampliacións do acceso sen autorización previa.
Disposicións adicionais
Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais
Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Axencia Galega de Infraestruturas, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e esta circunstancia reflictirase no devandito formulario.
Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.
Disposición adicional segunda. Actualización de modelos normalizados
Os modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.
Disposición adicional terceira. Accesos existentes
Os accesos autorizados con anterioridade á entrada en vigor desta orde poderán ser reformados pola Administración titular da estrada aínda que non se cumpran todos os seus preceptos, sempre que a reforma supoña un aumento das condicións de seguridade viaria e se execute dentro do desenvolvemento dos traballos recollidos nun proxecto de estradas aprobado ou dos traballos propios da explotación do dominio público viario das estradas, segundo a define a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
Os accesos autorizados con anterioridade á entrada en vigor desta orde poderán ser reformados polos seus titulares segundo os preceptos desta orde e logo de autorización da Administración titular da estrada. Se non for posible cumprir todos os seus preceptos, a reforma será autorizable sempre que supoña un aumento das condicións de seguridade viaria e non sexa un cambio de uso ou unha reordenación.
Disposición derrogatoria
Disposición derrogatoria única. Cláusula derrogatoria
Quedan derrogadas todas aquelas disposicións de igual ou menor rango que se opoñan ao establecido nesta orde.
Disposición derradeira
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019
Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
ANEXO I
Esquema resumo da estrutura da orde
ANEXO II
Táboas resumo de visibilidades de parada e de cruzamento
Distancia de parada (m)
Velocidade (Km/h) Inclinación da rasante (%)
-7 -6 -5 -4 -3 -2 -1 0 1 2 3 4 5 6 7
40 40 39 39 38 38 38 37 37 37 36 36 36 35 35 35
50 57 56 55 54 54 53 52 52 51 51 50 50 49 49 48
60 78 76 75 74 73 72 71 70 69 68 67 66 66 65 64
70 103 101 99 97 95 94 92 91 90 88 87 86 85 84 83
80 133 130 127 125 122 120 118 116 114 112 110 108 107 105 104
90 170 165 161 158 154 151 148 145 142 139 137 135 133 130 128
100 213 207 201 196 191 187 182 178 175 171 168 165 162 159 156
Distancia de cruzamento (m)
Velocidade (Km/h) Tipo de vehículo
Lixeiro Ríxido Articulado
Nº carrís Nº carrís Nº carrís
1 2 3 1 2 3 1 2 3
40 66 72 78 97 104 111 128 135 142
50 83 91 97 121 130 139 160 169 178
60 99 109 117 145 156 167 192 203 214
70 116 127 136 169 182 194 224 237 249
80 132 145 156 193 208 222 256 271 285
90 149 163 175 218 234 250 288 305 320
100 165 181 195 242 260 278 320 339 356
ANEXO III
Táboa resumo da disposición dos accesos
Actuacións urbanísticas, vías urbanas e camiños públicos
Tráfico
(veh/km) >5.000 Cuña Carril
3.001-5.000
≤3.000 Cuña*
80
Velocidade (Km/h)
* Excepto nos accesos de camiños públicos en vías de servizo con Vel ≤ 50 km/h e IMD ≤ 3.000 veh/día, en que o deseño que se seguirá será o establecido nos artigos 45 e 46 desta Orde para o caso de acceso de predio agrícola (figuras 18 e 19).
Instalacións de servizo
Tráfico
(veh/km) >5.000 Cuña Carril
3.001-5.000
≤3.000 Deseño especial
80
Velocidade (Km/h)
Vivendas unifamiliares e predios agrícolas
Deseño segundo esquema
Hospitais, establecementos comerciais con superficie comercial ≥ 10.000 m², instalacións en
que se dispoñan máis de 500 prazas de aparcamento ou outras instalacións similares
Afluencia continuada de gran cantidade de vehículos lixeiros ou pesados
Carril
Accesos de instalacións que deban ser empregados por transportes especiais ou de mercadorías perigosas
Carril
Centros de saúde, tanatorios, establecementos comerciais cunha superficie
comercial superior a 1.500 m² e inferior a 10.000 m², centros educativos ou
empresas con >200 traballadores, instalacións con > 100 prazas de aparcamento ou similares
Afluencia esporádica de gran cantidade de vehículos lixeiros ou continuada dunha cantidade significativa de vehículos pesados
Tráfico
(veh/km) >5.000 Cuña Carril
3.001-5.000
≤3.000
80
Velocidade (Km/h)
Edificios residenciais, pequenos establecementos empresariais ou establecementos comerciais de ata 1.500 m²
Tráfico
(veh/km) >5.000 Deseño segundo esquema Cuña
3.001-5.000
≤3.000
80
Velocidade (Km/h)
Resto de accesos a outras propiedades
Tráfico
(veh/km) >5.000 Cuña Carril
3.001-5.000
≤3.000 Deseño segundo esquema
80
Velocidade (Km/h)
Os accesos a actuacións urbanísticas, vías urbanas, camiños públicos, instalacións de servizo e a outras propiedades poderanse realizar a través dunha glorieta, sempre que queden garantidos os condicionantes xeométricos da nova conexión na glorieta e as condicións óptimas de circulación e de seguridade viaria. A Administración titular da estrada indicará o procedemento para establecer estes condicionantes.
ANEXO IV
Táboas resumo das dimensións dos elementos dos accesos
Lonxitude do carril de aceleración (m)
Velocidade* (Km/h) Inclinación da rasante (%)
≤-7 -6 -5 -4 -3 -2 -1 0 1 2 3 4 5 6 ≥7
100 110 115 120 125 130 135 140 150 155 165 175 185 200 215 230
90 80 85 85 90 95 95 100 105 110 115 120 130 135 145 155
80 60 60 60 65 65 70 70 75 75 80 85 85 90 95 100
70 40 40 40 45 45 45 45 50 50 50 55 55 60 60 65
60 30 30 30 30 30 30 30 30 30 35 35 35 35 40 40
≤50 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30
*Empregarase a velocidade legal de circulación na sección en que sitúe o acceso
Lonxitude do carril de deceleración (m)
Velocidade* (Km/h) Inclinación da rasante (%)
≤-7 -6 -5 -4 -3 -2 -1 0 1 2 3 4 5 6 ≥7
100 250 235 215 205 190 180 170 160 155 145 140 135 130 125 120
90 200 185 170 160 150 140 135 130 120 115 110 105 100 100 95
80 150 140 130 125 115 110 105 100 95 90 85 80 80 75 70
70 110 105 95 90 85 80 75 70 70 65 60 60 55 55 55
60 80 70 65 65 60 55 55 50 50 45 45 40 40 40 40
50 50 45 45 40 40 35 35 30 30 30 30 30 30 30 30
≤40 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30
*Empregarase a velocidade legal de circulación na sección en que sitúe o acceso
Lonxitude da cuña triangular de transición (m)
Velocidade* (Km/h) Deceleración Aceleración
≥80 60 60
70 50 30
60 40 30
≤50 30 30
*Empregarase a velocidade legal de circulación na sección en que se sitúe o acceso
Lonxitude mínima das cuñas de cambio de velocidade (m)
Velocidade*(Km/h) Deceleración Aceleración
≥80 60 60
70 50 30
60 40 30
≤50 30 30 con tráfico > 5.000 veh/día
0 con tráfico ≤ 5.000 veh/día
*Empregarase a velocidade legal de circulación na sección en que se sitúe o acceso
ANEXO V
Táboa resumo distancias de seguridade entre accesos, en treitos non urbanos
Tipo
Condicións Acceso a estradas convencionais en treitos non urbanos
Tipo de acceso
Actuacións urbanísticas, vías
urbanas e camiños públicos Instalacións de servizos
e outras propiedades Vivendas unifamiliares
e predios agrícolas
Con carril ou cuña de Lonx ≥ 30 m Con carril ou cuña de Lonx < 30 m Con carril ou cuña de Lonx ≥ 30 m Con carril ou cuña de Lonx < 30 m Conexións con vías de servizo ou con outras estradas mediante enlaces ou interseccións Entrada – Saída Distancia 200 m – 200 m – – En caso contrario Vía servizo/Trenzado – Vía servizo/Trenzado – – Saída – Saída Distancia 50 m – 50 m – – En caso contrario Vía servizo/Trenzado – Vía servizo/Trenzado – – Entrada – Entrada Distancia 100 m – 100 m – – En caso contrario Vía servizo/Trenzado – Vía servizo/Trenzado – – Accesos a actuacións urbanísticas, vías urbanas, camiños públicos, instalacións de servizo e outras propiedades con carril ou cuña de Lonx ≥ 30 metros Entrada – Saída Distancia 200 m – 200 m – – En caso contrario Vía servizo/Trenzado – Vía servizo/Trenzado – – Saída – Saída Distancia 50 m – 50 m – – En caso contrario Vía servizo/Trenzado – Vía servizo/Trenzado – – Entrada – Entrada Distancia 100 m – 100 m – – En caso contrario Vía servizo/Trenzado – Vía servizo/Trenzado – – Obras especiais (túneles, obras de paso de L>100 m, confluencias, bifurcacións e leitos de freada)
Obras especiais Distancia 200 m 50 m 200 m 50 m 50 m
Tipo
Condicións Acceso a vías de servizo en treitos non urbanos
Tipo de acceso
Actuacións urbanísticas, vías
urbanas e camiños públicos Instalacións de servizos
e outras propiedades Vivendas unifamiliares
e predios agrícolas
Con carril ou cuña de Lonx ≥ 30 m Con carril ou cuña de Lonx < 30 m Con carril ou cuña de Lonx ≥ 30 m Con carril ou cuña de Lonx < 30 m Conexións con vías de servizo ou con outras estradas mediante enlaces ou interseccións Entrada – Saída Distancia 50 m – 50 m – – En caso contrario Carril común – Carril común – – Entrada – Entrada Distancia 25 m – 25 m – – En caso contrario Carril común – Carril común – – Accesos a actuacións urbanísticas, vías urbanas, camiños públicos, instalacións de servizo e outras propiedades con carril ou cuña de Lonx ≥ 30 m Entrada – Saída Distancia 50 m – 50 m – – En caso contrario Carril común – Carril común – – Entrada – Entrada Distancia 25 m – 25 m – – En caso contrario Carril común – Carril común – – Obras especiais (túneles, obras de paso de Lonx > 100 m, confluencias, bifurcacións e leitos de freada)
Obras especiais Distancia 50 m 50 m 50 m 50 m 50 m
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!