Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018

LEI 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

[sc name=”Guía del Interventor Municipal” ]
Exposición de motivos
I
Nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 plásmase o compromiso que o Goberno asume con todas as galegas e os galegos para establecer, desenvolver e levar a cabo políticas públicas que respondan e satisfagan as súas necesidades no ámbito social, económico e laboral.
Estes orzamentos diríxense a resolver os problemas que poidan atopar os nosos cidadáns e cidadás na prestación dos servizos públicos fundamentais e no desenvolvemento das súas actividades. Para iso promoven unha política económica dirixida á eficiencia do gasto, o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e a recuperación da actividade económica. Ademais, aséntanse sobre un itinerario coherente nas épocas de crise que permite abordar os cambios de ciclo sen contar con lastres que actúen de freo para o crecemento.
De acordo con estas premisas, os orzamentos para 2018 seguen a senda iniciada nos dous exercicios precedentes e perseguen xerar confianza en todos os axentes económicos, reforzar os gastos esenciais de sanidade, educación e servizos sociais vinculados ao benestar das galegas e dos galegos e dinamizar o investimento público para implementar unha política económica dirixida á promoción da actividade empresarial. Para iso, implántanse liñas de acción que favorecen a competitividade, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico e mais que fomentan a internacionalización dos diferentes sectores produtivos e de servizos galegos. Todo iso dirixido á estimulación e ao fomento do emprego, que continúa a ser o obxectivo prioritario destes orzamentos e da política económica da nosa comunidade.
O marco económico en que se van desenvolver os orzamentos de 2018 presenta as seguintes particularidades:
No que respecta ao panorama internacional, hai que destacar que a OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos) e a Comisión Europea manteñen o crecemento mundial en niveis favorables e sitúan as súas previsións no 3,6 por cento, mentres que o FMI (Fondo Monetario Internacional) eleva a súa previsión nunha décima. Estas previsións suxiren un afianzamento do crecemento nos próximos anos. A recuperación económica mundial continúa, motivada por un crecemento xeneralizado das economías avanzadas e un fortalecemento da actividade das economías dos países emerxentes. As previsións para os próximos anos están suxeitas a riscos importantes á baixa, como a incerteza ao redor da política económica nos Estados Unidos, o proceso de abandono do Reino Unido da Unión Europea e as tensións xeopolíticas.
As proxeccións informan de que a expansión económica na zona euro continuará no período 2017-2018. Esta evolución baséase na mellora da demanda interna, apoiada por unha política monetaria acomodaticia, e na mellora no mercado de traballo. Ademais, a recuperación mundial favorecerá as exportacións da zona euro, aínda que estas poderán verse afectadas negativamente pola apreciación do euro. As previsións para o ano 2018 da Comisión Europea amosan un maior crecemento que no ano 2017 nas principais economías da área euro, agás en España e Portugal, aínda que a economía española seguirá notoriamente por encima da media da zona euro, cun crecemento previsto do 2,4 por cento fronte ao 1,8 por cento da zona euro.
En canto á economía española, hai que considerar as posibles tensións ou os riscos á baixa derivados da situación política en Cataluña, da que os seus efectos xa se están extrapolando dentro do plan orzamentario remitido o 16 de outubro á Comisión Europea polo Goberno do Estado. O crecemento previsto para o ano 2018 será inferior ao de 2017, segundo os principais organismos encargados da elaboración de previsións, e sitúase entre o 2,4 por cento da Comisión Europea e a OCDE e o 2,3 por cento do Goberno. A achega da demanda nacional ao crecemento do produto interior bruto (PIB) situarase ao redor dos 1,8 puntos porcentuais, lixeiramente inferior á de 2017. O consumo privado crecerá entre dous e sete décimas menos que no ano anterior e prevese un maior crecemento da formación bruta de capital. Por último, o gasto en consumo final das administracións públicas crecerá menos que en 2017.
Para a economía galega o escenario macroeconómico prevé a continuación da fase expansiva desta, debido a que mantén en 2017 o ritmo de crecemento do ano anterior, e estímase un crecemento máis moderado do PIB galego no ano 2018, ben que cun diferencial favorable respecto do conxunto de España. Este escenario aséntase sobre:
– A achega da demanda interna, que será maior que no ano 2017, como consecuencia dun mellor comportamento do consumo privado e do investimento. Respecto diso, o gasto no consumo final dos fogares e das institucións sen fins de lucro crecerá máis que en 2017, posto que a renda dos fogares en termos reais moderará o seu crecemento pola perda de factores que axudaron ao crecemento nos anos anteriores, como a rebaixa fiscal ou a caída dos prezos. No ano 2018 o efecto da perda destes impulsos poderíase compensar, en parte, por un aumento da remuneración por asalariado, que incrementaría a renda dispoñible dos fogares.
– A formación bruta de capital, que crecerá en 2018 por encima de 2017. As previsións amosan unha senda expansiva deste agregado nos próximos anos. O investimento en bens de equipo manterá unha tendencia á alza, favorecida polo dinamismo da industria manufactureira, polas condicións financeiras favorables e polas menores necesidades de desapancamento financeiro das empresas. O investimento residencial continuará cunha lenta recuperación, favorecida polo crecemento do emprego e a dispoñibilidade de financiamento.
– A demanda externa neta, que será positiva no ano 2018, cunha diminución de oito décimas respecto do ano anterior. Esta achega producirase como consecuencia dun aumento das exportacións e das importacións. As exportacións acelerarán o seu crecemento debido á mellora do sector industrial e á evolución favorable dos países da nosa contorna. Polo que respecta ás importacións, o crecemento será superior ao do ano anterior e sustentarase no maior dinamismo do sector industrial galego.
– Por último, a taxa de paro, que se situará lixeiramente por encima do 14 por cento en 2018, manténdose por baixo da previsión para España segundo os principais organismos públicos. Entre os determinantes desta taxa destaca a importancia do crecemento do emprego previsto para o ano 2018 en niveis próximos ao 2 por cento.
En 2018, tal e como sucedeu o ano anterior, o marco orzamentario enfróntase cun elemento de complexidade, debido a que ao carecer de proxecto de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 as comunidades autónomas non dispoñen dos datos que van conformar definitivamente os seus estados de ingresos para o citado exercicio. Con todo, a situación para o 2018 non responde ao mesmo grao de incerteza que o ano anterior, en virtude das razóns que a continuación se apuntan:
En primeiro lugar, no mes de xullo de 2017, o Estado aprobou o límite de gasto non financeiro para o ano 2018 e comunicou ás comunidades autónomas a información provisional sobre as entregas a conta do sistema de financiamento e sobre a liquidación de 2016 que debe satisfacerse o próximo ano. Os datos económicos que figuran nesta información provisional comunicada polo Ministerio de Facenda e Función Pública son os que se consideraron para a realización das estimacións correspondentes aos recursos que forman parte do sistema de financiamento nos estados de ingresos de 2018 e, polo tanto, nin son exclusivos da Comunidade Autónoma nin se elaboraron á marxe do Estado, senón que, neste momento, son consistentes e están referidos ás estimacións que actualmente manexa o Goberno do Estado.
En segundo lugar, o comportamento recadatorio no que vai de 2017 das principais figuras tributarias que integran o sistema de financiamento soamente cabe cualificalo como excelente, o que corrobora as estimacións manexadas polo Estado.
Como exemplo do sinalado, o imposto sobre a renda das persoas físicas, cos últimos datos coñecidos que inclúen o

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *